Amosando publicacións coa etiqueta sobrecarga-de-traballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sobrecarga-de-traballo. Amosar todas as publicacións

19 de maio de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Por unha banca socialmente responsable


O 19 de maio a CIG demos comezo na a unha campaña de mobilizacións, que continuará nos vindeiros meses, para reclamar unha banca socialmente responsábel, que poña as necesidades da clientela por diante dos beneficios escandalosos que amasan quen xestiona as entidades bancarias.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

Os traballadores e traballadoras da banca sufrimos un auténtico acoso para colocar produtos financeiros que a clientela non demanda, só para encher máis os petos dos bancos. Con xornadas maratonianas baixo unha falsa flexibilidade: os bancos asignan unha carga de traballo imposible de realizar na xornada legal, e nin pagan, nin cotizan, nin rexistran as horas extra.

8 de maio de 2026

Este banco partirache o corazón

Este banco partirache o corazón!

A SOBRECARGA de TRABALLO, OS OBXECTIVOS de vendas CRECENTES, OS MALOS MODOS ou incluso ás AMEAZAS para que os cumpras, xunto ás ESGOTADORAS XORNADAS LABORAIS e o ESTRÉS son RISCOS PSICOSOCIAIS, que MATAN a 840.000 persoas ao ano (OIT).

As enfermidades cardiovasculares causan o 43 % dos accidentes laborais mortais (INSST).

21 de abril de 2026

Contra o ACOSO COMERCIAL e a SOBRECARGA DE TRABALLO

Mobilización na Coruña: contra o acoso comercial e a sobrecarga de traballo
BBVA–A Coruña. Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA

Delegadas e delegados da CIG mobilizámonos novamente hoxe diante da Territorial do BBVA na Coruña para denunciar publicamente o principal problema que estamos a padecer no BBVA: o ACOSO COMERCIAL constante ao que estamos sometidas as traballadoras e traballadores do banco, motivado por uns obxectivos incrementados brutalmente e cunhas cargas de traballo non asumíbeis.

A dirección do banco fixa uns obxectivos absolutamente desproporcionados e para tentar a súa consecución está establecido un sistema de acoso comercial constante, cunha carga de traballo totalmente insoportábel.