
BBVA–A Coruña. Imaxe: CIG
Delegadas e delegados da CIG mobilizámonos novamente hoxe diante da Territorial do BBVA na Coruña para denunciar publicamente o principal problema que estamos a padecer no BBVA: o ACOSO COMERCIAL constante ao que estamos sometidas as traballadoras e traballadores do banco, motivado por uns obxectivos incrementados brutalmente e cunhas cargas de traballo non asumíbeis.
A dirección do banco fixa uns obxectivos absolutamente desproporcionados e para tentar a súa consecución está establecido un sistema de acoso comercial constante, cunha carga de traballo totalmente insoportábel.
Pretende seguir incrementando aínda máis os enormes beneficios e que sigan redundando no seu accionariado, con incrementos indecentes da alta dirección e en cuantiosos bonus para mandos intermedios, que en moitos casos só se dedican a dar látego continuo sen axudar nada máis na súa consecución.
Na CIG temos claro que se queremos cambiar as cousas e acabar con este sistema de presión insoportábel (que vai en detrimento da saúde do persoal do banco, con numerosas baixas de enfermidade), debemos mobilizarnos todas e todos. Tal coma fixemos coas mobilizacións e folgas contra o inxusto ERE ou máis recentemente durante a negociación do convenio.
E facemos un chamamento aos sindicatos estatais para que, dunha vez por todas, confronten co banco neste asunto. Seguir só con peticións de cambios á Dirección (caso omiso) ou emitir comunicados ao persoal reflectindo a dramática situación non é suficiente. Cómpre xa dar pasos firmes chamando todos os sindicatos a mobilizacións reais do persoal que poña fin a esta situación.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario