24 de marzo de 2026

O Banco non recúa na problemática da Semana Grande A Coruña e Vigo

Xa estamos a piques de chegar a unha nova Semana Grande tanto na cidade da como en e o BBVA segue erre que erre, empeñado en non dar marcha atrás.

Como xa sabedes, o ano pasado, o banco, de maneira unilateral, restounos un día de disfrute de horario reducido durante a semana das festas maiores das dúas prazas. Ante esa inxusta interpretación, emanada de non se sabe onde, desde a CIG enviamos escrito a RR.LL manifestando o noso rexeitamento á medida e esixindo que se lle devolvera ao persoal o seu dereito a ter horario reducido durante os 5 días, tal e como viña sucedendo nos últimos 20 anos. Non quixeron solucionalo e vímonos na obriga de interpoñer sendas demandas de modificación substancial das condicións de traballo nos xulgados do social.

Este mesmo feito aconteceu no , banco decano, e tamén alí interpuxemos conflito colectivo, pero o Santander, a diferenza do BBVA, quixo evitar a litixiosidade resultante e chegou a un acordo recoñecendo que a súa interpretación era incorrecta, e devolvendo as horas feitas de máis ao persoal que non puido disfrutalas no seu momento.

Ante a proximidade do xuízo da , o vindeiro 25 de marzo, dirixímonos a RR.LL do banco para facerlles entender que non tiña sentido continuar co xuízo e mostrando a nosa disposición a chegar a un acordo como o que se acadou co Banco Santander, para rematar con este conflito dunha vez por todas e devolverlle ao persoal afectado as horas feitas de máis.

Pero semella que a dirección do banco quere continuar sometendo ao seu cadro de persoal a máis recortes e inxustizas, despois de todo o esforzo que este mesmo cadro de persoal leva feito nestes últimos anos, despois de soportar presións infinitas, despois de mesmo enfermar a consecuencia do nefasto clima laboral que se vive acotío na rede de oficinas.

E isto faino aínda que xa na cidade de ten unha sentenza en contra por este mesmo tema. Prefiren gastar en bufetes xurídicos que en recoñecerlle dereitos ao persoal.

Pois nós non imos calar ante esta situación inxusta. Esta entidade está dirixida por persoas que toman decisións miserables e ruíns, dispostas a espremer ata as últimas consecuencias ao persoal, negándolle un dereito adquirido e consolidado durante moitísimos anos.

Lembrádevos disto a vindeira ocasión que vos pidan un esforzo.

Pola nosa banda, acudiremos ao xuízo de marzo e máis ao que está previsto para maio en Vigo sen ningunha dúbida, sabendo que temos a razón da nosa parte. Non consentiremos que nos quiten nin un dereito máis.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 260323 [.pdf • 125 kB]



Ningún comentario: