19 de febreiro de 2014

Xunta Xeral Accionistas 2014 
A CIG quere ser a túa voz

Como xa saberedes, o día 14 de marzo está prevista a celebración da do BBVA, e un ano máis queremos que a nosa e a túa voz cheguen até Bilbao. A delegación do voso voto é fundamental para que podamos expresar cal é o sentir do cadro de persoal sen censuras nin intermediarios. E, por se non o sabiades, o ano pasado nin CC.OO nin UGT nin ACBCSICA (Confederación de Cadros), leron a súa intervención conxunta diante do Consello… pero non esqueceron publicalo como se así fose. Esa é a realidade…


Imaxe do comunicado conxunto de CC.OO, UGT e ACB para a xunta xeral de accionistas do BBVA 2013
Imaxe do comunicado conxunto de CC.OO, UGT e ACB do 2013

É unha cuestión de responsabilidade xa que, de novo, o contido da meirande parte dos puntos da orde do día parécenos moi preocupante:

  • Para aprobar a política de retribucións para 163 directivos relevantes e referendar as do resto. Lembremos que no BBVA traballamos 109.000 persoas e un punto da orde do día atinxe a 163…
  • Autorizar ao Consello de Administración a facer máis ampliacións de capital.
  • Delegación no Consello para facultalos para substituír, formalizar, emendar… os acordos adoptados pola Xunta. Carta branca para todo?

Nada menos que tres puntos da orde do día van dedicados ás retribucións dunhas poucas persoas e, precisamente este ano, vemos mellor que nunca aquí para quen estamos traballando e, se cos resultados que eles favorecen non chega para todos/as, xa sabemos de onde van sacar o seu… DOS DE SEMPRE!.

Lembrade que a entrega do obsequio é unicamente por levar a papeleta á oficina e NON ten relación coa delegación do voto.

Por todo isto, pedímosvos que deleguedes os vosos votos e os que poidades conseguir, na nosa delegada MARÍA CARMEN GARCÍA GONZÁLEZ, que asistirá na vosa representación á Xunta.

Para facelo só tedes que enviar as papeletas de delegación asinadas a calquera dos nosos delegados ou delegadas o máis axiña posible, ou por correo á oficina 2204 — Av. de Finisterre de A Coruña. Estamos abertos ás vosas propostas.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 140219 [.pdf • 26 kB]


Ningún comentario: