Durante o ano 2014 foron 7 as mulleres galegas asasinadas a mans das súas parellas e exparellas. Por elas, durante todo o mes de novembro nos locais sindicais da CIG das 7 cabeceiras de comarca colocamos 7 siluetas dun metro sesenta de altura, identificadas co seu nome e o nome de quen as asasinou, en lembranza e homenaxe ás 7 vítimas do machismo. Porque entendemos que é preciso identificar comportamentos, actitudes e ideas discriminatorias, que forman parte da cultura da violencia contra as mulleres, e, ao tempo, visibilizar publicamente este feminicidio.
Por iso desde a CIG facemos un chamamento a participar nos actos convocados polo movemento feminista na tarde do día 25, e nas mobilizacións de delegadas e delegados da nosa central sindical que terán lugar nas sete comarcas, os días 24 e 25 de novembro, en repulsa á violencia machista:
Datas
- Vigo: ás 19 horas do día 24 de novembro, no Marco, coincidindo co peche do curso de Empoderamento.
- A Coruña: ás 12 horas do día 25 novembro, diante da Confederación de Empresari@s, en Monelos.
- Compostela: ás 12 horas do día 25, diante do Gadis da rúa Nova de Abaixo (ao carón da praza de Vigo), en resposta ao acoso laboral contra unha traballadora logo de exercer o seu dereito á reducir á súa xornada de traballo por garda legal dun fillo con diversidade funcional.
- Ferrol: 12 horas do día 25, diante do edificio Administrativo da Xunta de Galiza.
- Lugo: ás 11:30 horas do día 25, diante do edificio Administrativo da Xunta, na Ronda da Muralla
- Ourense: ás 12 horas do día 25, diante do local sindical.
- Pontevedra: ás 12 horas do día 25, na praza 8 de Marzo.
* horarios (CUT+1.)
ERRADIQUEMOS A CULTURA DA VIOLENCIA MACHISTA!
25 de novembro, día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario