A CIG gañou no seu día, no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, o conflito colectivo contra o BBVA por non respectar os horarios especiais do Nadal. Foi a CIG a que obriga á Dirección a respectar o noso dereito.
Disfrutaremos o dereito ao horario reducido nos días sinalados do Nadal. Pero non foi a Dirección por iniciativa propia, tal e como deixou entrever no seu comunicado interno. Nin foi «outro éxito» dos vendedores de fume de CC.OO, sindicato ao que solicitamos unha rectificación sen ter contestación.
Foi a CIG quen ante o recorte, interpuxo demanda no TSXG fai 2 anos. O banco non aceptou repoñer o dereito, polo que se celebrou o xuízo, ditando a xustiza sentenza favorable ao cadro de persoal. Polo tanto non estamos ante unha cesión da magnánima Dirección.
Naquel xuízo estaban citados como parte o resto de sindicatos, incluída CC.OO que non compareceu. É dicir, pasaron olimpicamente de posicionarse a favor da demanda da CIG que garantiu o dereito.
Ao Cesar o que é do Cesar, o horario do Nadal é un éxito da CIG.
As ampliacións dos horarios, os horarios flexibles, o rexistro fake ou a extensión ilegal da xornada si que son éxitos do banco e derrotas laborais avaladas polos seus sindicatos satélites.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario