Como informamos en xaneiro, o TSXG deu a razón á CIG no conflito colectivo presentado contra a decisión do BBVA de suprimir o horario reducido dos días 24 e 31 de decembro.
Podedes consultar a sentenza na web do Poder Xudicial: i.gal/NadalBBVA
O tribunal galego declara nula a modificación substancial e repón o persoal que realiza a súa xornada de 8 a 15 horas (horario máis habitual en oficinas de rede) no seu dereito a gozar do horario reducido como se viña facendo anteriormente.
O BBVA presentou recurso de casación perante o TS, mais as sentenzas de conflito colectivo son executivas desde que se ditan, con independencia do recurso (art. 303 da Lei da Xurisdición Social).
Animámosvos a exercer o voso dereito e aproveitar o horario reducido dos vindeiros días 24 e o 31 de decembro para confraternizarmos entre compañeiras e compañeiros, tomarmos forzas para o novo ano e brindarmos por un futuro de novas conquistas laborais.
Boas festas!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario