13 de xaneiro de 2021

A xustiza dános a razón: Gañamos a Mr. Scrooge e recuperaremos o horario especial do Nadal

Mr. Scrooge BBVA

No ano 2019 o BBVA decidiu eliminar o horario especial do Nadal dos días 24 e 31 de decembro e do 5 de xaneiro.

Daquelas presentamos . Despois de alongar o proceso e á espera de sentenza o BBVA denegou o dereito tamén no ano 2020.

A CIG, coma sempre, non deu por bo un recorte dos nosos dereitos, e instamos dende os ao cumprimento dos horarios especiais nas catro provincias galegas. No Conficto Colectivo que representamos contra o BBVA, incluímos a todos os sindicatos coa presenza no banco en Galiza e só CGT sumouse a nosa demanda; CC.OOUGTACB pasaron de presentarse (así defende os vosos dereitos).

O BBVA para evitar o xuízo, dixo que estaba aberto a negociar, pero foi unha simle estratexia para dilatar o proceso e poder recortar o horario especial do Nadal tamén no 2020. Nunca negociou nada, polo que finalmente se celebrou o xuízo.

O que fixo o BBVA foi unha modificación substancial, sen cumprir a lexislación para, actuando como Mr. Scrooge, facernos traballar máis horas no Nadal privándonos de poder estar coa nosa familia.

Agora vimos de coñecer a sentenza do TSXG, que declara NULA a decisión do banco, ordenando repoñer as condicións laborais demandadas. Grazas á CIG recuperaremos o horario especial no Nadal nos días 24 e 31 de decembro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210113 [.pdf • 2 MB]



Ningún comentario: