27 de novembro de 2019

Recortes e máis recortes

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Iso é o que se desprende da reunión da mesa de negociación do convenio do día 26. A patronal vén, coma sempre, coas súas pretensións de recortar dereitos e haberá quen lle entre no xogo.

Por outra banda, volveron pedir máis prórroga no acordo do rexistro de xornada, até o vindeiro 18 de decembro. Igual é que queren facernos un agasallo envelenado polas festas. Din que están moi cerca de chegar a acordo, mentres nós insistimos na nosa postura, de sobras coñecida e reiterada nas distintas reunións, de establecer un rexistro automático e non manipulable. En realidade o problema é que este tema está provocando moitos xuízos e nós xa advertimos que a Inspección de Traballo xa está actuando tamén na banca.

É hora de acabar con tanto despropósito e de que a patronal asuma que hai unha lei de obrigado cumprimento e teñen que acatala. Non imos aceptar máis dilacións innecesarias e actuaremos con arranxo ao establecido legalmente.

Con respecto ao contido do convenio, hoxe a patronal expuxo as súas intencións no referente ao Tempo de Traballo (capítulo sexto do ).

O primeiro que nos din é que queren manter a xornada anual de 1.700 horas, e no resto, o que pretenden facer, é recortarnos dereitos establecidos nos distintos artigos que regulan xornada, horarios, vacacións e licenzas. Toda a súa exposición foi camuflada coa escusa de darlle unha redacción máis actualizada; chegaron a repetir en varias ocasións que había varios anacronismos no convenio que deben ser corrixidos, sempre ao seu favor, claro.

Tal e como vai esta negociación, xa como esperabamos, non podemos augurar nada bo, xa que seguimos comprobando que hai quen está disposto a entrar nun intercambio de cromos que ao final só beneficiará a patronal.

Chegados case ao vencemento da ultraactividade do convenio actual (31/12/2019), non hai avances na negociación, retrasada por unha mesa centrada nun acordo de rexistro de xornada para o sector que tampouco parece que se concrete de momento. Na próxima reunión, o 18 de decembro, a patronal concretará a súa proposta de prazo para prorrogar a .

Dende a CIG seguiremos loitando, na mesa e, se é preciso na rúa, por mellorar o convenio actual. Para actualizar non podemos retroceder en dereitos, actualizar avanzando en dereitos SI!!!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 191127 [.pdf • 65 kB]

Ningún comentario: