Amosando publicacións coa etiqueta ultraactividade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ultraactividade. Amosar todas as publicacións

15 de xuño de 2020

Nada cambia nin se transforma

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


O pasado venres 12 de xuño retomamos a mesa de negociación do Convenio, de xeito telemático. O obxectivo prioritario, dada a situación da negociación no momento da súa interrupción, é establecer unha nova prórroga da , xa que a actual vence o próximo 30 de xuño e, co parón provocado pola crise sanitaria, non é suficiente o prazo establecido en decembro pasado.

A proposta da CIG foi establecer unha prórroga «sine die» que permita unha negociación equilibrada na actual situación ou, no seu defecto, como mínimo ata o 31 de decembro de 2020 revisable.

AEB respondeu a esta proposta, dicindo que non é posible unha indefinición porque corremos o risco de acomodarnos e non avanzar na negociación (máis ben a súa pretensión é utilizar como medida de presión esta limitación temporal na procura dun acordo beneficioso para a patronal), propoñendo como data posible o 31 de outubro, aberta a posible ampliación de ser necesario en función das circunstancias. Concretarán a súa posición na próxima xuntanza.

Volveron lembrarnos as súas propostas para este convenio que, en liñas xerais, supoñen baleirar de contido o Convenio e continuar a recortar dereitos:

23 de abril de 2020

Solicitamos prorrogar a ultraactividade e aprazar a negociación do convenio

As negociacións do Convenio están paralizadas debido ao Estado de Alarma, sendo aprazadas as reunións previstas. Pero cunha proposta para facer reunións por videoconferencia.

Ante esta situación extraordinaria propuxemos que se prorrogue a ultraactividade do Convenio, é dicir que siga en vigor máis alá do 30/6/2020, data de vencemento. E pedimos que se prorrogue mentres non se recupere a normalidade e se levanten as restricións que, queiramos ou non, afectan á liberdade sindical.

Os cadros de persoal das entidades, que son servizos esenciais, están dando todo, expoñendo a súa saúde e a das súas familias para dar servizo, incluso durante a hibernación. Facendo un esforzo extraordinario para seguir dando servizo as persoas, ás empresas, aos sectores produtivos.

Neste senso é de xustiza que a patronal, as Direccións, aparten a cobiza, e se aveñan a nosa xusta e xustificada proposta. En caso contrario tirarían vantaxe da pandemia e das restricións das liberdades, algo que nalgunha entidade non sería unha novidade.

A día de hoxe non houbo resposta, en canto teñamos contestación informaremos.


27 de xaneiro de 2020

Á patronal non lle interesa negociar

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


O pasado 22 de xaneiro tivo lugar a 18ª reunión da do Convenio, vencido dende decembro de 2018. O propósito era tratar as materias dos catro primeiros capítulos, mais finalmente a reunión concretouse nunha vaga exposición de ideas centrais sen afondar nas cuestións nin entrar a debater a súa concreción. Unha vez máis a patronal segue a enredar na mesa, esgotando convocatorias, agardando á proximidade do remate da prorroga da ultractividade o 30 de xuño de 2020, para tentar acadar pola porta de atrás un á súa medida. Así pois reafirmámonos na frase do título, porque unha vez asinado un acordo de rexistro de xornada, que claramente responde aos seus intereses, semella que non teñen intención de perder o seu tempo en contrastar, debater e negociar propostas.


19 de decembro de 2019

Nin vencen nin convencen

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Manisfestación en Compostela o 22 de xuño de 2019 en demanda da implantación efectiva do rexistro de xornada no sector

Na xuntanza da mesa de negociación do pasado día 18, a AEB só aceptou prórroga da ultraactividade do XXIV Convenio até o 30–06–20, aínda que a parte social solicitara un prazo de un ano (até o 31–12–2020). Finalmente, CC.OO, UGT e FINE accederon ás pretensións da patronal.

Máis non foi o único e maior despropósito. Foron tamén CC.OO, UGT e FINE quen finalmente asinaron o Acordo «fake» de Rexistro de Xornada e Desconexión Dixital proposto pola AEB (non asinando CIG, ELA, LAB e CGT), e aínda dando un prazo de 3 meses máis ás entidades para a implantación dos sistemas de rexistro cando era obrigatorio desde o pasado 12 de maio.

27 de novembro de 2019

Recortes e máis recortes

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Iso é o que se desprende da reunión da mesa de negociación do convenio do día 26. A patronal vén, coma sempre, coas súas pretensións de recortar dereitos e haberá quen lle entre no xogo.

Por outra banda, volveron pedir máis prórroga no acordo do rexistro de xornada, até o vindeiro 18 de decembro. Igual é que queren facernos un agasallo envelenado polas festas. Din que están moi cerca de chegar a acordo, mentres nós insistimos na nosa postura, de sobras coñecida e reiterada nas distintas reunións, de establecer un rexistro automático e non manipulable. En realidade o problema é que este tema está provocando moitos xuízos e nós xa advertimos que a Inspección de Traballo xa está actuando tamén na banca.

É hora de acabar con tanto despropósito e de que a patronal asuma que hai unha lei de obrigado cumprimento e teñen que acatala. Non imos aceptar máis dilacións innecesarias e actuaremos con arranxo ao establecido legalmente.

11 de xaneiro de 2019

Constituídas as mesas negociadoras do convenios do Sector Financeiro

O 10 de xaneiro constituíronse as mesas negociadoras dos Convenios de Banca (bancos asociados á AEB) e de Aforro (bancos asociados á CECA). Dous convenios distintos pero converxentes.
A CIG ten representación en ambas mesas.

Malia constituírse as comisións negociadoras, o proceso quedará adiado até marzo, por acordo entre as partes, debido aos procesos electorais pendentes.
Ese retraso non se terá en conta a efectos da ultraactividade, o que pode chegar a ser negativo se as patronais bloquean a negociación e os sindicatos non mobilizamos o sector.

11 de febreiro de 2016

Un preacordo que recorta dereitos innecesariamente

CC.OO e UGT asinaron un preacordo coa patronal aceptando recortes salariais e de dereitos, metendo medo alegando que «quedamos sen convenio», debido á reforma laboral do PP pola perda da «». Con estes vimbios seguimos asistindo a unha reunión tras outra da mesa negociadora, no que alongan de xeito agónico a negociación até que asinen o «acordo».

Non é certo que estivera en xogo a ultraactividade e que iso obrigase a aceptar un preacordo que pon patas arriba o convenio e as futuras condicións laborais. Os mesmos sindicatos que alegan iso, gábanse noutros sectores das «sentenzas conseguidas» que garanten a ultraactividade (para mostra os comunicados adxuntos).

Ultraactividade

15 de decembro de 2015

Cesións en Madrid, mobilizacións aquí (II)

concentración de delegados e delegadas da CIG en Lugo (14/12/2015)
  Imaxes: CIG · (cc) BY-NC-SA. Concentración Lugo 14/12/2015

No comunicado do 20 de outubro, denunciabamos que os sindicatos CC.OO e UGT, aceptaran daquela cesións en Madrid. Agardaron para escenificar un principio de preacordo até agora, co fin de utilizar a suposta «perda de » para xustificar o recorte de dereitos. A CIG mantivo a presión nas rúas contra os recortes até o final, o 14 de decembro manifestabámonos en , mentres eles asinaban.

O 14 de decembro quedará na historia do sector coma un novo estatal cheo de recortes que, lonxe de solucionar os problemas que temos no postos de traballo, creará novos problemas. A CIG defendeu até o último momento os dereitos dos traballadores e traballadoras da banca, estabamos mobilizándonos polas rúas de Lugo concentrándonos diante de 6 entidades, mentres CC.OO e UGT aceptaban os recortes da patronal.