No comunicado do 20 de outubro, denunciabamos que os sindicatos CC.OO e UGT, aceptaran daquela cesións en Madrid. Agardaron para escenificar un principio de preacordo até agora, co fin de utilizar a suposta «perda de ultraactividade» para xustificar o recorte de dereitos. A CIG mantivo a presión nas rúas contra os recortes até o final, o 14 de decembro manifestabámonos en Lugo, mentres eles asinaban.
O 14 de decembro quedará na historia do sector coma un novo convenio estatal cheo de recortes que, lonxe de solucionar os problemas que temos no postos de traballo, creará novos problemas. A CIG defendeu até o último momento os dereitos dos traballadores e traballadoras da banca, estabamos mobilizándonos polas rúas de Lugo concentrándonos diante de 6 entidades, mentres CC.OO e UGT aceptaban os recortes da patronal.
No principio de preacordo aceptan a desaparición das pagas de beneficios para crear un novo sistema variable (sen repercusión nas táboas e non pensionable), recortando dereitos para o persoal novo; para o persoal actual crearán un complemento absorbible conxelando os salarios de por vida; crean un novo contrato lixo máis barato para o persoal de nova entrada; recortarán as axudas de custe por mobilidade e ampliarán o radio máis alá dos 25 quilómetros; tamén se inclúe a revisión de horarios, vacacións ou réxime disciplinario, sen especificar en que consistirán esas modificacións.
Con este convenio transitamos cara a un sector low‐cost. Non foi unha negociación: a patronal impuxo os recortes coa complicidade dunha casta sindical cómplice das direccións. Se lles quedara algo de dignidade, deberían convocar un referendo para que sexan os cadros de persoal os que decidan o acordo [.pdf · 25 kB] que nos aplicarán a todos e todas, agás ás cúpulas sindicais.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario