Tal e como anunciamos, presentamos unha demanda para que o BBVA rexistre a xornada efectiva diaria de cada traballador e de cada traballadora, e para que rexistre as horas extraordinarias.
O 29 de decembro as partes estamos citadas no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe en Madrid.
No acto de mediación do día 29 veremos a posición de cada quen fronte as horas extras ilegais, tanto do resto de sindicatos (que agardamos apoien a nosa demanda), coma da empresa.
Por parte da CIG, apostamos por unha solución negociada e acudimos á mediación co obxectivo de chegar a un acordo que remate coa fraude. O balón está no aleiro da Dirección.
Se non hai acordo, o seguinte paso xa sería a presentación da demanda ante a Audiencia Nacional.
Con esta demanda tratamos de poñer fin aos continuos abusos en materia de xornada e, unha vez máis, coma acontece no Convenio Colectivo, só a CIG loita polos dereitos dos traballadores e traballadoras.
Trasladarémosvos toda a información do que suceda en Madrid.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario