As negociacións do Convenio están paralizadas debido ao Estado de Alarma, sendo aprazadas as reunións previstas. Pero cunha proposta para facer reunións por videoconferencia.
Ante esta situación extraordinaria propuxemos que se prorrogue a ultraactividade do Convenio, é dicir que siga en vigor máis alá do 30/6/2020, data de vencemento. E pedimos que se prorrogue mentres non se recupere a normalidade e se levanten as restricións que, queiramos ou non, afectan á liberdade sindical.
Os cadros de persoal das entidades, que son servizos esenciais, están dando todo, expoñendo a súa saúde e a das súas familias para dar servizo, incluso durante a hibernación. Facendo un esforzo extraordinario para seguir dando servizo as persoas, ás empresas, aos sectores produtivos.
Neste senso é de xustiza que a patronal, as Direccións, aparten a cobiza, e se aveñan a nosa xusta e xustificada proposta. En caso contrario tirarían vantaxe da pandemia e das restricións das liberdades, algo que nalgunha entidade non sería unha novidade.
A día de hoxe non houbo resposta, en canto teñamos contestación informaremos.
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://ir.gl/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://ir.gl/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario