O 10 de xaneiro constituíronse as mesas negociadoras dos Convenios de Banca (bancos asociados á AEB) e de Aforro (bancos asociados á CECA). Dous convenios distintos pero converxentes.
A CIG ten representación en ambas mesas.
Malia constituírse as comisións negociadoras, o proceso quedará adiado até marzo, por acordo entre as partes, debido aos procesos electorais pendentes.
Ese retraso non se terá en conta a efectos da ultraactividade, o que pode chegar a ser negativo se as patronais bloquean a negociación e os sindicatos non mobilizamos o sector.
A CIG será a vosa voz na negociación, toda vez que polo resto dos sindicatos non hai ningún delegado/a de Galiza na Mesa.
A presenza do sindicalismo galego nas mesas garante que non deleguemos a negociación das nosas condicións laborais en terceiros.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario