Amosando publicacións coa etiqueta plan-pensións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plan-pensións. Amosar todas as publicacións

30 de xaneiro de 2023

Volveron facelo e volvemos perder Poder Adquisitivo

O IPC de xaneiro pechou no 5,8 % a nivel estatal, mentres que o salario co acordo de «mellora» dixeron que subía un «4,50 %». Na realidade a suba media foi menor do 3 %. Pero ademais de novo renunciaron á cláusula de revisión.

Dixeron por activa e por pasiva que a perda do 2021 e 2022 non era previsible, coma se conxelar os salarios e que perdéramos poder adquisitivo fora un accidente, cando dende o 2019 a CIG reclamou por activa e por pasiva a inclusión dunha cláusula de revisión, pero asinaron sen ela. Logo botaron a culpa á guerra de Ucraína, cando esta comezou no 2022 e a perda salarial comezou no 2021 (IPC 6,5 %), ano no que asinaron o .

Pero por se fora pouco, volveron facelo, comezamos o 2023 cunha nova perda salarial, xa que o novo acordo tampouco inclúe cláusula de revisión. A inestabilidade nos mercados e o alongamento da guerra de Ucraína, coa conseguinte caída das reservas europeas de gas, fan que se poda prever a continuidade do ciclo inflacionista. Un escenario que fai máis necesaria a cláusula de revisión.

Se en período preelectoral son capaces de seguir asinando acordos salariais á baixa e sen cláusula de revisión, imaxina a que non renunciarán no seguinte que teremos que negociar en 2024.

17 de xaneiro de 2023

Nova xornada de loita o 23 de xaneiro en Pontevedra

Se soben os prezos, teñen que subir os salarios 

Un 13,6 %. Iso foi o que subiron os prezos nos anos 2021 e 2022 a nivel galego, mentres os nosos salarios subiron un 0,25 % e un 1 %. Sen cobrar atrasos nin actualizar táboas é un recorte para hoxe, pero que se consolida para o resto da vida e afecta aos salarios e as cotizacións. A suba extraordinaria para o ano 2023 é incompleta, ademais xa veremos a evolución dos prezos, por iso retomamos ás mobilizacións.

Perdemos un 12,35 % do salario base, atendendo ao IPC que non é un indicador fiable. A isto hai que engadir o resto de complementos que tampouco se actualizaron. Ante a suba prezo dos combustibles ou do xantar, e o fin das axudas públicas aos combustibles, os pequenos incrementos son insuficientes.

12 de decembro de 2022

Seguiremos coas mobilizacións!

Revisión salarial Convenio 

Revisión salarial Convenio: Seguiremos coas mobilizacións!
Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA   
Ao longo dos últimos días varios bancos comunicaron ao persoal subas retributivas unilaterais de distinto tipo.

Algunhas, coma as aportacións aos Plans de Pensións de Emprego, ou da quilometraxe e as axudas de custe (que o BBVA miserablemente aínda non actualizou), foran propostas pola CIG na .

18 de marzo de 2022

13 de marzo de 2020

10 de marzo de 2020

Xunta Xeral de Accionistas 2020

Como en anos anteriores, a CIG acudirá a do BBVA, en representación tanto da sección sindical como das compañeiras e compañeiros que nos delegaron o seu voto.

O venres 13 de marzo, trasladarésmoslle ao Consello de Administración e resto do accionariado da Entidade, a nosa visión a respecto da problemática laboral que sufrimos a cotío nos nosos postos de traballo, ademais da visión sobre a situación da Entidade derivada do proceso xudicial aberto.

12 de decembro de 2019

Plan de pensións empregados/as BBVA Vs Plan de pensións directivos BBVA

Agora que estamos en plena campaña de colocación de á clientela, e ao fío do que está pasando no sector bancario en xeral e nomeadamente na «City londinense», queremos lembrar a situación de desigualdade desproporcionada que vivimos no BBVA.

Achega plan de pensións empregados/as: 450 euros/ano
Achega plan de pensións (2019): 1.642.000 millóns
Achega plan de pensións Carlos Torres (2016–2018): 5 millóns Dereitos acumulados Carlos Torres: 18.600.000 millóns
Dereitos pensións : 79.000.000 millóns de euros

No resto do sector financeiro, as maiores entidades teñen pactado, para os traballadores/as, achegas moi superiores aos 450 euros/ano.

Francisco González e Carlos Torres

Na City de Londres os accionistas están facendo presión e conseguindo rebaixas nos compromisos por pensións dos directivos bancarios, para adecualos á media das achegas dos plans dos traballadores e traballadoras (do 10 ao 14%). 

4 de novembro de 2019

Prorrogar para non aplicar a norma

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


O Decreto-Lei que recolle a obriga de implantar un rexistro de xornada en todas as empresas foi publicado o pasado 8 de marzo. Oito meses despois e unha ducia de reunións na , seguimos sen acordo no sector de Banca sobre esta materia, cunha nova prórroga até o 26 de novembro, para tratar de chegar a un acordo. E mentres o contador segue sumando no haber da patronal…

Dende a CIG seguimos rexeitando a proposta da AEB, que permite o mantemento da situación actual, cun modelo autodeclarativo que non atallará as prolongacións de xornada. Defendemos a implantación dun sistema de rexistro automático que garanta a obxectividade e fiabilidade, e non sexa manipulable.

Na xuntanza da mesa negociadora do pasado 30 de outubro, tamén se falou de prestacións complementarias, beneficios sociais e saúde laboral. As propostas da CIG nestas materias foron:

23 de maio de 2016

Carta conxunta a Relacións Laborais

O pasado día 13 de maio, a representación legal dos traballadores e traballadoras no BBVA diriximos unha carta a Relacións Laborais, a cal achegamos, coa intención de abrir diferentes procesos de negociación sobre temas tan importantes como son a actualización do , o incremento das achegas aos Plans de Pensións de Emprego e as condicións de traballo no colectivo BBVA Contigo.

27 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Luis

Luis / Ourense
A retribución variable, dependente da avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai

Luis / Ourense

O proceso de avaliación, é transparente e obxectivo?

Non, rotundamente. A catalogación, a fixación de obxectivos e a avaliación son perigosos instrumentos ao servizo do banco para forzar ao límite o nivel de dedicación do persoal con abusivos horarios, fóra do establecido legalmente. A retribución variable, dependente dunha subxectiva avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai. Por máis que BBVA pretenda vender a racionalidade do método, é evidente a súa falla de transparencia e arbitrariedade. Esta vai camuflada baixo manipulables obxectivos de cliente, tácticos e outros do estilo de dixitalización ou cultura corporativa que deixan á comenencia da Dirección o resultado final que na práctica adaptarase ao que xa se teña decidido. De nada valerá a entrevista posterior. Aquí non hai rigor, coherencia nin xustiza.

Pode regularse por acordo social?

CIG demanda que así se faga. Mellor aínda dentro do Convenio sectorial para que o proceso goce de forza legal. Os incentivos baseados nun acordo laboral favorecen a imaxe de transparencia e responsabilidade da empresa e motivan máis eficazmente no traballo cotiá do cadro de persoal.

10 de febreiro de 2008

Suba salarial 2007:
Para nos un 2'75 %, para eles un 13'5 % 

Os traballadores e traballadoras do BBVA tivemos unha suba salarial do 2'75 % no ano 2007 mentres o IPC foi do 4'2 %, polo que perdemo un 1'45 % dos nosos salarios debido aos atrasos que non cobraremos grazas ao Estatal asinado por CC.OO–UGT–CGT.

Agora os medios de comunicación coinciden en sinalar a desproporcionada suba salarial da cúpula directiva dos grandes bancos, especialmente a suba dos salarios e da blindaxe de . O seu salario fixo subiu un 5 %, o variable un 18 %, a media foi do 13'5 % en total o Presidente do BBVA embolsarase 5,73 millóns de euros (casi mil millóns das antigas pesetas).

En canto a súa blindaxe (o que cobraría do BBVA en caso de despedimento) subiu até os 81 millóns de euros.

Defenden a contención salarial e o despedimento libre, menos para eles claro.


4 de decembro de 2007

Tempo de colleita

Un paso adiante, dous atrás

Pouco máis dun mes hai da sinatura do acordo de BB.SS, nuns termos que os sindicatos maioritarios xa aceptaran nun preacordo no pasado mes de agosto. Hai tempo xa que avisamos de que o único beneficiado é BBVA, que reduce gastos a costa do seu persoal, mais é agora, ao ser realmente operativo, cando parece que sentimos o burato na carteira.

O único trato igualitario acadado é que todos e cada un dos colectivos de procedencia senten que son o máis prexudicado.
Para empezar, manteñen moitos acordos residuais, ben «ad personam», ben procedentes dalgún acordo de fusión: son aqueles que non foron quen de tocar e que non intentaron renegociar posto que NUNCA FIXERON UNHA OFERTA QUE XUSTIFICARA RENUNCIAR A NINGÚN DEREITO.