Se soben os prezos, teñen que subir os salarios
Un 13,6 %. Iso foi o que subiron os prezos nos anos 2021 e 2022 a nivel galego, mentres os nosos salarios subiron un 0,25 % e un 1 %. Sen cobrar atrasos nin actualizar táboas é un recorte para hoxe, pero que se consolida para o resto da vida e afecta aos salarios e as cotizacións. A suba extraordinaria para o ano 2023 é incompleta, ademais xa veremos a evolución dos prezos, por iso retomamos ás mobilizacións.
Perdemos un 12,35 % do salario base, atendendo ao IPC que non é un indicador fiable. A isto hai que engadir o resto de complementos que tampouco se actualizaron. Ante a suba prezo dos combustibles ou do xantar, e o fin das axudas públicas aos combustibles, os pequenos incrementos son insuficientes.
Xa sabemos que estamos ante unha esmola en pleno proceso electoral, que non é máis que un plan dos bancos para impedir que os sindicatos que lles aceptan os despedimentos e os rescates se desfonden polo voto de castigo.
A CIG non dá por bo ter perdido o 12,35 % e que se consolide en táboas, afectando tamén ás cotizacións á Seguridade Social. Nun momento no que os bancos anuncian beneficios multimillonarios e dividendos históricos. Nada, nada xustifica que nos recorten os salarios, que decidan que nós e as nosas familias vivamos peor que hai dous anos.
Por iso dende a CIG sairemos á rúa para reclamar unha vez máis que se soben os prezos, teñen que subir os salarios. O convenio de Banca estaba asinado, conseguimos que se reabrira a negociación e debemos incrementar a presión para que se volva a reabrir de verdade.
Temos dereito a manter o noso nivel de vida, que a avaricia non nos condene a que vivamos peor nós e as nosas familias.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario