4 de novembro de 2019

Prorrogar para non aplicar a norma

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


O Decreto-Lei que recolle a obriga de implantar un rexistro de xornada en todas as empresas foi publicado o pasado 8 de marzo. Oito meses despois e unha ducia de reunións na , seguimos sen acordo no sector de Banca sobre esta materia, cunha nova prórroga até o 26 de novembro, para tratar de chegar a un acordo. E mentres o contador segue sumando no haber da patronal…

Dende a CIG seguimos rexeitando a proposta da AEB, que permite o mantemento da situación actual, cun modelo autodeclarativo que non atallará as prolongacións de xornada. Defendemos a implantación dun sistema de rexistro automático que garanta a obxectividade e fiabilidade, e non sexa manipulable.

Na xuntanza da mesa negociadora do pasado 30 de outubro, tamén se falou de prestacións complementarias, beneficios sociais e saúde laboral. As propostas da CIG nestas materias foron:

  • Incremento da achega mínima anual de cada empresa ao plan de pensións (na actualidade o mínimo en convenio é de 450 ), establecendo unha achega do % sobre o salario pensionable, cun mínimo de 1.000 
  • Incremento do importe do seguro de vida, pasando de 10.000 a 25.000 
  • Incremento do importe máximo do crédito vivenda, pasando de 100.000 a 250.000 , e do importe máximo da dotación anual por traballador/a, pasando de 400 a 1.000 , para adaptarse a realidade do mercado inmobiliario.
  • Recoller no convenio a «Axuda gardería», cun importe anual de 1.000 , a percibir na nómina do mes de setembro, hasta que a crianza cumpra os 3 anos de idade.
  • En materia de saúde laboral, ante a situación actual do conxunto do persoal no que respecta a carga de traballo desproporcionada, derivada en gran medida da nova organización do traballo e o uso crecente das novas tecnoloxías e que incide directamente na súa saúde, reclamamos a realización de avaliacións de riscos psicosociais, coa participación activa da representación sindical tanto na súa planificación como na implantación das medidas necesarias, e cunha periodicidade anual.
  • Reclamamos o recoñecemento dos postos de traballo que utilicen pantallas de ordenador, como postos de traballo PVD (Pantallas de Visualización de Datos), para que se apliquen os protocolos específicos de prevención e vixilancia da saúde que non están contemplados na actualidade.
  • Propoñemos a obrigatoriedade de negociar nas empresas un protocolo específico de medidas en materia de prevención e intervención, para a protección da saúde das traballadoras durante o embarazo e a lactación natural.
  • A próxima xuntanza será o día 7 de novembro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 191104 [.pdf • 101 kB]

Ningún comentario: