Que no banco se fan horas só o nega a Dirección da Entidade, a mesma que está facendo un despregue publicitario sobre o seu modelo «fake» de rexistro de xornada.
As horas extraordinarias veñen dadas por unha cuestión fundamental: a organización do traballo conforme ao denominado DPO (Dirección por Obxectivos). A empresa impón obxectivos comerciais crecentes, presionando para que se cumpran, desentendéndose do tempo que faga falta para facelo.
Farase unha avaliación de riscos e unha medición de tempos antes de asignar nova carga de traballo, incluídos novos obxectivos?
Evidentemente non, polo tanto o problema irá a máis.
A Dirección pretende impoñer obxectivos comerciais ao persoal de caixa. Que non vos enganen, non «axudarán» ao cumprimento dos obxectivos da oficina, estes medrarán, xa que o banco entende que hai máis forza de ventas e polo tanto pode esixir máis.
O BBVA non aceptou vincular o rexistro de xornada a clave persoal de usuario. O motivo? Que afloraría o traballo real realizado, a extensión ilegal da xornada que supera as 80 horas extras anuais máximas previstas na lexislación.
Ademais, tal e como dixemos, hai un triplo filtro para recoñecer as horas extraordinarias: Que alguén non diga que son «tempo dedicado a cuestións persoais», que sexan autorizadas por un/unha responsable superior, e que se supere a xornada anual de 1.700 horas.
Cando vexas que fas horas e non as pagan, verás que todo é publicidade bancaria (e sindical) enganosa.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario