5 de xullo de 2024

Intervención da CIG 
Xunta Extraordinaria 2024

Quenda de intervencións Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas 2024

Deseguido, a intervención completa na pasada Xunta xeral extraordinaria de accionistas do BBVA · 2024



Bo día, egun on, bon día, Buen día.


Son Xosé Miguel Fernández e fálolles en nome da Confederación Intersindical Galega (CIG), sindicato maioritario no BBVA en ; E no de moitos compañeiros e compañeiras que nos delegaron os seus votos nesta , con indicación expresa de VOTO EN CONTRA dos dous únicos puntos da Orde do Día, en contra da ampliación de capital para a compra de .

Aínda que, previo ás xuntas de accionistas ordinarias de BBVA, xa se converteron en habituais as intensas campañas de recollida de delegacións de voto de accionistas a favor do Consello de Administración, esta ocasión levouse a palma. Levamos semanas padecendo nas oficinas unha presión brutal para que se contacte e convenza a todos os e as accionistas de BBVA para que deleguen o seu voto no Consello e así vostedes poder «colgarse a medalla» cunha porcentaxe de aprobación espectacular. Esa foi a máxima prioridade comercial nas últimas semanas, todo o demais podía agardar e, cando menos, deberían ruborizarse por iso.

Votamos en contra da ampliación de capital, porque de saír adiante a OPA hostil lanzada por vostedes sobre o Banco Sabadell, seguiríalle a fusión de ambas as entidades coas repercusións que nós —non vostedes— padeceriamos:

  • Pecharían oficinas e restrinxirían aínda en maior medida os servizos financeiros á clientela e ao conxunto da sociedade.
  • Destruirían milleiros de postos de traballo. Xa manifestaron vostedes que habería «medidas non traumáticas». A elas tamén se referiron no innecesario ERE de 2021 para despedir a 3.000 persoas (algunhas delas mesmo sen unha suposta voluntariedade) e para modificar as condicións de traballo a varios centos de compañeiras e compañeiros (ampliacións de xornadas, traslados forzosos, etc.). A quen despediron, marcharon mal, e quen quedamos, quedamos moito peor. Esas son as medidas de axuste «non traumáticas» das que falan de novo agora.
  • No caso dunha eventual fusión os traballadores e traballadoras que quedasen, verían incrementadas as súas carteiras de clientes e a presión comercial. Máis sobrecarga de traballo para un persoal extenuado.
  • A entidade resultante pagaría menos impostos, xerando créditos fiscais ao seu favor eludindo o futuro pago de imposto sobre beneficios.
  • A entidade resultante reduciría a súa contribución á Seguridade Social, cargando ademais sobre a caixa das pensións a reestruturación.
  • Reduciríase a competencia con graves consecuencias desde o punto de vista do crédito (a particulares e empresas) e da retribución do aforro. Hoxe o sistema financeiro galego xa ten un grao de concentración moi elevado (dos maiores por rexións europeas), e a nivel estatal os 3 grandes grupos bancarios (, e BBVA) controlarían case o 70 % do mercado financeiro.

En definitiva, a quen beneficiaría esa fusión? …Á clientela non, e aos traballadores e traballadoras de BBVA e Sabadell tampouco. Os grandes beneficiados neste proceso serían os fondos de investimento especulativos estranxeiros (a maior parte estadounidenses), que son os maiores accionistas da banca española en xeral e de BBVA e Sabadell en particular.

Para finalizar, denunciamos ante este Consello de Administración a desmesurada presión comercial que se está exercendo sobre o persoal e a sobrecarga de traballo existentes.

Vostedes trasladaron ao conxunto de traballadores e traballadoras do banco a súa responsabilidade de convencer ao mercado sobre a viabilidade desta operación; e para iso non se lles ocorreu nada mellor que incrementar os obxectivos de colocación de produtos financeiros á clientela neste segundo cuadrimestre entre un 25 e un 90 %, en pleno período de vacacións estivais, o que fai aínda máis inviable alcanzalos, con persoal traballando en oficinas saturadas e con escasas contratacións de apoio. Irremediablemente, esta situación tradúcese nun aumento importante das baixas por enfermidade.

Para vostedes o fin xustifica os medios. Para continuar aumentando os ata o de agora históricos beneficios e a retribución a eses fondos de investimento especulativos estranxeiros aos que tan ben serven, poñen en risco a saúde do persoal.

Moitas grazas pola súa atención.




Ligazóns relacionadas:

Vídeo: Intervención da CIG e de Carlos Torres   Audio [ES/GL] da intervención da CIG en  [.aac · 4,5 MB]



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]



Comunicado 240705 [.pdf • 183 kB]



Ningún comentario: