
Na última xuntanza AEB afirma que unha suba do 11 % para os tres anos de convenio (2024–2025–2026) é moi xenerosa. Para xustificar esa afirmación, saca a relucir as previsións de IPC do Banco de España para os próximos tres anos (3 % para 2024, 2 % para 2025 e 1'8 % para 2026).
Desde a CIG recordámoslle a patronal que as previsións de IPC do Banco de España para o período 2021—2023 non se cumpriron (3 % para 2021, 3'7 % para 2022, 1'2 % para 2023 e 1'5 % para 2024), superáronse amplamente, e ben que estamos sufrindo todas e todos as consecuencias dunha inflación desbocada nos últimos catro anos. En Galiza o IPC de maio foi do 4 %.
AEB non variou nada a última proposta que fixo na xuntanza do día 25 de xuño. Seica hai recursos para incrementar, no primeiro trimestre de 2024, un 18 % a remuneración da alta dirección do Banco Santander, (entidade con maior peso na patronal bancaria), pero non para recuperar o poder adquisitivo que perdemos o persoal do sector e garantir que non sigamos perdendo a futuro.
AEB, nun exercicio de cinismo, apela á responsabilidade de todas as organizacións con presenza na mesa, para tratar de chegar canto antes a un acordo equilibrado; disque por respecto ao persoal que traballa no sector. Pola nosa parte manifestamos que, se ese equilibrio significa seguir perdendo salario real, que non conten con nós. Para a CIG, o respecto as traballadoras e traballadores, pasa por defender un convenio acorde coa bonanza económica que están a desfrutar os bancos.
Sexa cal sexa o acordo que finalmente se alcance, desde a CIG subscribimos unha proposta formal de referendo dirixida a mesa de convenio, xunto coa ELA e CGT, sobre a aceptación por parte do persoal das condicións que se pacten. Compartimos con estas organizacións que somos o persoal, quen nos implicamos na loita por un convenio xusto, quen temos que ter a última palabra.
A próxima xuntanza da mesa será o día 23 de xullo. Se despois desa reunión a negociación non avanza, para a CIG o único camiño será a mobilización, e volveremos dirixirnos ás organizacións estatais para buscar a unidade de acción que todas e todos estades pedindo.
A loita é o único camiño!!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario