A patronal dirá que dan pasos adiante coas ofertas que vai facendo reunión tras reunión, como nesta ocasión na que presenta unha suba económica dun punto porcentual; poderíase pensar que se facemos vinte reunións máis, igual chegamos ao obxectivo… pero xa sabemos que non vai ser así.
Non só a base de xuntanzas. Nesta altura, esíxense medidas máis contundentes, como as que dende a CIG, levamos propoñendo ao resto de organizacións presentes na mesa de negociación do convenio: camiñar cara unha nova folga! Nas mobilizacións anteriores, o persoal xa demostrou a súa capacidade de resposta ante a agresión dunha patronal sen límites de avaricia, nunhas entidades que, non nos cansaremos de repetilo, conseguiron esmagar os seus récords de beneficios.
A nova proposta presentada hoxe, foi dunha suba dun 11 % (un punto máis que na anterior) en táboas de salario base de nivel. Non modifican a garantía ao IPC, que seguen taxando nun máximo do 2 % sobre o exceso que represente o IPC sobre o 11 % a aplicar en 3 anos, á finalización do convenio. Sobre a cláusula de compensación e absorción, ofrecen que sexa para os 2 primeiros anos do convenio, pero tamén limitada ao 65 %. E ata aquí rematan os «cambios», propoñendo fixar a data do 10 de xullo como tentativa de acadar un acordo.
Pola nosa banda, reafirmámonos no xa exposto en xuntanzas anteriores, non renunciamos á recuperación do poder adquisitivo perdido, aínda que poderíamos chegar ao acordo de distribuír esa recuperación nos 3 anos do convenio, e o seu mantemento a futuro fixando unha cláusula de revisión salarial con revalorización segundo o IPC, sen ningún tipo de limitación, para que o resultante sexa un salario real e non un sucedáneo.
Tamén manifestamos que se se acadase un preacordo de convenio, porque a maioría da mesa decide reconsiderar as súas posturas, este preacordo se someta a un referendo entre o persoal do sector, que será ao que se condene a padecer as consecuencias da sinatura de outro mal convenio se se produce asumindo a oferta actual da patronal.
Dende logo, sen volver a exercer as medidas de presión que temos ao noso alcance, ás que nos conduce esta indecencia da patronal bancaria cunha oferta miserenta, temos a seguridade de que as entidades acadarán os seus obxectivos de balde, pero non contarán coa nosa colaboración.
En ano de beneficios os bancos recortan salarios e nós témolo claro
A loita é o único camiño!!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario