26 de xullo de 2024

Asinado preacordo. AEB conseguiuno unha vez máis

Síndrome de Estocolmo: reacción psicolóxica na que a vítima dun secuestro desenvolve unha relación de complicidade e un forte vínculo afectivo co seu secuestrador. Tanto o refén como o secuestrador queren saír ilesos do incidente, por iso cooperan. Os reféns tratan de protexerse nun contexto de situacións que lles resultan incontrolábeis, polo que tratan de cumprir os desexos dos seus secuestradores.

Semella que os sindicatos asinantes do preacordo son vítimas do . De outra forma non se entende que non defenderan firme e decididamente unha mellora salarial acorde cos extraordinarios beneficios do sector nos dous últimos anos e os que se albiscan para este ano e seguintes.

As condicións salariais pactadas coa AEB por CC.OO, UGT e FINE, son inferiores ao asinado no Convenio de Aforro por estas mesmas organizacións, que non foron quen de defender os seus propios límites, botando a perder o esforzo do persoal que apoiou decididamente a loita por mellorar as súas condicións salariais e de traballo.

Comparativa convenios
Temas Preacordo AEB Convenio Aforro
Incremento en táboas  11 % 
2024: 4,25 % 
2025: 4,00 % 
2026: 2,75 % 
 11 % 
2024: 5 % 
2025: 3 % 
2026: 3 % 
Incremento adicional en táboas segundo IPC Máximo do 2 %  Máximo do 3 % 
Pago único adicional 2024 Ningún 1.000  (non consolidables)
Garantía de cobro para todo o persoal (aplicación da cláusula de compensación e absorción) Garántese un incremento mínimo anual calculado:
2024: 70 % …
2025: 70 % …
2026: 50 % …
…sobre incremento de salario base de nivel
Percíbense a totalidade dos incrementos pactados, sen compensación nin absorción
Trienios de antigüidade Revalorización do 5,99 %  Revalorización do 11 % (igual que incremento en táboas)

A CIG non asinou o preacordo salarial porque:

  • Non permite recuperar o poder adquisitivo perdido, fiando a recuperación (só dunha parte), a que a inflación non se volva descontrolar.
  • Non asegura que a futuro non volvamos perder. Unha cláusula de revisión salarial topada no 2 %, e aplicable ao final do convenio, no caso de que a inflación sexa superior a suba pactada no período 20242026, implica seguir perdendo salarios se non se cumpren as previsións de IPC para ese período (non se cumpriron no anterior convenio e ninguén pode descartar que se volva a repetir).
  • Non garante o cobro do 100 % da suba para todo o persoal. O persoal con complementos voluntarios seguirá soportando a aplicación da cláusula de compensación e absorción.
  • O acordo garante un importe mínimo de suba real para cada ano de vixencia do acordo, no caso de que se perciba un salario por riba do establecido en convenio. Pero ese importe determinarase só en función dunha porcentaxe do incremento do salario base (recollido en táboas) para cada nivel salarial. Non se ten en conta a revalorización do resto de conceptos de convenio (plus transitorio, plus de polivalencia funcional ou trienios de antigüidade e técnic@s), polo tanto non se teñen en conta todos os incrementos pactados.
  • Esta fórmula, como xa denunciou a CIG na mesa, contribuirá a incrementar as diferenzas salariais entre persoas que realizan funcións similares e, por suposto, a fenda de xénero; serán os niveis salariais máis altos os que recibirán un importe maior, niveis que, segundo os propios datos dos bancos, están ocupados maioritariamente por homes.
  • Non revaloriza os trienios de antigüidade na mesma proporción (5,99 %que o resto de conceptos de convenio (11 %). Recordamos que até o anterior convenio, no que pactaron a súa conxelación, víñanse revalorizando na mesma proporción que o salario base.

A negociación non rematou; en setembro abordaranse o resto de cuestións que non se recollen neste preacordo.

Seguiremos loitando por mellorar as nosas condicións laborais, porque o persoal seguimos soportando unha presión e acoso comercial brutais e cargas de traballo inasumibles.

EN ANOS DE BENEFICIOS OS BANCOS RECORTAN SALARIOS




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240625 [.pdf · 102 kB]



Ningún comentario: