19 de outubro de 2018

Uns menten e outros non se decatan 
Acordo Contigo: 

Máis do 60 % poderán traballar polas tardes

Con extrema rapidez, o pasado día 8, na segunda xuntanza da mesa negociadora, asinouse o Acordo colectivo que regula as condicións para BBVA  unha vez que o banco presentou a súa proposta. Non está na liña do asinado por CC.OOUGTACB para xornadas partidas noutras entidades; este é o peor acordo do sector (haberá que preguntarlles porque asinaron outros mellores en entidades como ou ).

Rexeitamos un acordo que permitirá obrigar a traballar polas tardes a máis do 60 % do cadro de persoal, toda vez que o 25 % do que falan non substitúe, senón que se engade aos horarios especiais vixentes. Mágoa non atopar apoio á nosa proposta, na que defendiamos a medición da carga de traballo para que poida ser cumprida dentro da xornada laboral, e non hai sistemas de control. Polo que ese acordo, ao igual que outros, asine quen os asine, xa foi feito para ser incumprido. Supón poder incorporar a Contigo e, polo tanto, pasar de xornada continuada a xornada partida, a máis de 5.000 persoas, superando o límite actual do 5 % do persoal a un 25 % só para ese colectivo.

Onde quedaron as liñas vermellas tan anunciadas polos asinantes de non superar o 10 % do cadro de persoal?
Só iso xa suporía duplicar de súpeto o número de persoas de Contigo con xornada partida. E aceptaron quintuplicalo.
Onde foron as súas elocuentes reivindicacións dos 3 meses de xornada continuada de «verán», do complemento salarial (incremento bruto de 64,90  /mes non pensionable)…?

Incluso teñen a ousadía de «vender» como melloras aspectos que non o son, e dereitos xa existentes. Na carreira profesional (sen efectos retroactivos, aínda máis inxusto para quen xa está no colectivo) as e os Xestores de Banca Persoal e PAES son forzas de venta especializada con Nivel 8 xa como mínimo, a voluntariedade e o desestimento (incluso empeorándoo, pasando dun prazo de 1 a 3 meses), a axuda alimentar, o horario da Semana de Festa Maior (por convenio colectivo)…

No caso dos e das Xestoras Comerciais consolidarán o Nivel 8 cando leven 4 anos en Contigo (sen retroactividade) e só se teñen xa o Nivel 9. Poderán pasar até 16 anos (4 deles en Contigo) até acadar o Nivel 8.

Mais como o acordo é «moi bo» segundo os asinantes, non temos ningunha dúbida de que as primeiras en solicitar a incorporación ao serán as persoas integrantes da representación sindical e a afiliación deses sindicatos que agora teñen a xornada xeral continuada.

No BBVA rompeuse a xornada continuada para oficinas xa no ano 2005 co acordo asinado por CC.OOUGTACBCGT de Asesoramento e Oficinas SFP.

Con este novo agasallo para o banco, afóndase aínda máis na xornada partida, convertendo a regra (xornada xeral continuada por Convenio Colectivo) en excepción. Con até un 25 % do persoal con xornada partida en Contigo, até un 25 % por Convenio, por acordo de Asesoramento, horarios singulares (Servizos Centrais)… canta xente quedará con xornada continuada no BBVA?

Por que continúan a asinar nos bancos acordos que desvalorizan o de sector? A quen benefician?

Tampouco se nos escapa que este acordo ten moito que ver co xa iniciado Proxecto Blue Branch que dá máis valor ao (novos postos, aumento de persoal…) en detrimento doutros postos nas oficinas (xestores e xestoras comerciais e de banca persoal…) e das propias oficinas distintas da cabeceira (eliminacións…) e que suporá importantes cambios (funcionais, mobilidade…) para moitas persoas.

Na CIG temos a firme convicción de que os dereitos nin se regalan nin se venden, dereitos como os salariais ou de xornada que custou moito conquistar, e de que a negociación colectiva é para mellorar as condicións do conxunto das traballadoras e dos traballadores. Esta ten sentido cando achega mellores condicións de traballo e, polo tanto, de vida; non ao contrario, como coa sinatura de acordos nas empresas que empeoren as que xa hai no sector por Convenio Colectivo. Nesas seguimos.



Ligazón relacionada:
Acordo:  [.pdf · 105 kB]



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 181019 [.pdf • 298 kB]


Ningún comentario: