2 de novembro de 2020

Negociación e non imposición

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Concentración en Ourense
A excepcional situación de pandemia por coronavirus está agravando e deteriorando a pasos axigantados as condicións laborais nas empresas adheridas ao convenio de banca (AEB), xa de por si empeoradas polos sucesivos procesos de axustes de persoal que supuxeron unha redución do 25 % no seu conxunto dende o ano 2000 (pasando de 122.861 no ano 2000 a 91.539 persoas a 31/12/2019). Procesos que aínda non remataron; veñen de anunciarse dous novos axustes de persoal, nos Bancos e que poden supoñer a perda de 5.000 postos de traballo.

Concentración en Compostela
O servizo bancario foi considerado servizo esencial desde o inicio da pandemia, e os seus traballadores e traballadoras responderon con responsabilidade e sacrificio, prolongando durante meses a súa xornada laboral (e seguen a facelo), para prestar ese servizo ao conxunto da sociedade, en detrimento da súa vida persoal e da súa saúde en moitos casos, sen que eses excesos de xornada se viran compensados de ningunha forma, tal e como obriga a lei.

Concentración en Lugo
Con este escenario, a negociación do convenio, vencido en decembro de 2018 e prorrogada a súa ultraactividade ata o 31/12/20 (3ª prórroga), non avanza. A posición inmobilista da patronal, cunha proposta «prepandemia» de recortes en dereitos e conxelación salarial non permitiu chegar a acordos. A proposta salarial profundiza na perda de poder adquisitivo sufrida nos dous convenios anteriores, cunha suba do 0,50 para os anos 2022 e 2023, deixando os anos 2019, 2020 e 2021 sen revisión salarial.

Concentración na Coruña
Engaden un recorte salarial a través dunha modificación na percepción dos trienios por antigüidade, que na práctica supón a consolidación a futuro dunha rebaixa nas cantidades a percibir. Non pasou igual co reparto de dividendos no sector no período comprendido entre 2014 e 2019, cun montante total de dividendo repartido multiplicado por catro. E por riba trata de reforzar a súa postura apoiándose na crise sanitaria que padecemos.

A banca sigue liderando a brecha salarial de xénero, que se sitúa no 23 %. As mulleres son discriminadas por exercer a maternidade; a súa carreira profesional queda interrompida por ese motivo. Esta discriminación directa incrementa a brecha salarial.

De igual forma o sector rexistra unha clara discriminación indirecta ao perpetuar a existencia de postos feminizados que, na práctica, requiren a mesma capacitación e formación, e implican as mesmas funcións, que outros desempeñados maioritariamente por homes. Por iso dende a CIG esiximos que a igual traballo igual salario.

Concentración na Coruña

Non é momento de recortes, é o momento de recoñecer o esforzo realizado polas traballadoras e traballadores do sector.

Por todas estas razóns, na CIG consideramos necesario denunciar publicamente, con concentracións simultáneas que fixemos onte, día 29 de outubro, en , , , e , diante das distintas entidades, o difícil momento que están a vivir os traballadores e traballadoras do sector, reivindicando a necesidade, máis que nunca, dun convenio xusto que garanta unhas condicións laborais dignas.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 201030 [.pdf · 1'6 MB]



Ningún comentario: