Os cadros de persoal do sector financeiro temos que enfrontar unha reconversión permanente dende o ano 2008, instada por organismos públicos. Son decisións políticas. Impulsan fusións para crear monstros financeiros que o tempo demostra que teñen unha dubidosa solvencia e son nada ou pouco rendíbeis, destruíndo neste proceso 120.000 postos de traballo en todo o Estado, aos que hai que engadir 15.000 máis que os bancos queren amortizar neste ano.
Esa reconversión está levándose a cabo no marco creado polas Reformas Laborais que o mesmo Goberno se resiste a derrogar, mantendo os aspectos que facilitan ás empresas despedir libremente e cada vez máis barato.
Nese senso, resultan especialmente dolosas as declaracións do Ministro José Luis Escrivá destes días pasados, anunciando unha penalización aos procesos de prexubilacións, sinalando ao persoal dos bancos. Unha vez máis preténdese dar unha imaxe do persoal do sector financeiro coma privilexiado con retiros dourados. Nada máis lonxe da realidade pois trátase de traballadores e traballadoras con longas carreiras profesionais e, polo tanto, décadas de anos de cotizacións. Na maior parte dos casos, chegada a xubilación anticipada, o persoal ten entre 35 e 40 anos cotizados á Seguridade Social.
As prexubilacións son unha ferramenta utilizada en todos os procesos de reconversión ao longo do tempo e en todos os sectores. Non é un privilexio do persoal dos bancos, é unha fórmula social amplamente utilizada.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario