25 de novembro de 2026

25 de novembro: Contra o empobrecemento das mulleres e a violencia institucional

No BBVA, a IGUALDADE non pode ser só PROPAGANDA

Este 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres baixo o lema «Contra o empobrecemento das mulleres e a violencia institucional». Desde a Sección Sindical da CIG no BBVA queremos lembrar que combater a violencia machista esixe garantir que todas as mulleres teñan un salario digno, estabilidade laboral e recursos suficientes para decidir libremente sobre as súas vidas.

Pero a realidade que vivimos a diario nos centros de traballo de BBVA dista moito do discurso oficial. O último exemplo foi o webinario do pasado 12 de novembro baixo o título «Benestar masculino en equilibrio: da carga mental á corresponsabilidade». Esta sesión xerou un profundo malestar e indignación entre moitas compañeiras, que se sentiron ofendidas ao comprobar o foco no benestar masculino, mentres se ignora e invisibiliza o enorme sacrificio que aínda hoxe supón desenvolver unha carreira profesional para as mulleres nesta Entidade. Este foi o seu sentir.

Resulta imposible falar de corresponsabilidade real cando a política de promoción do banco segue esixindo unha dispoñibilidade xeográfica absoluta sen ter en conta as necesidades de conciliación das persoas traballadoras. En BBVA, o sacrificio persoal e familiar continúa a ser a pedra de toque obrigada para calquera muller que aspire a medrar profesionalmente.

23 de novembro de 2026

Manifestación e 17 concentracións en oficinas bancarias en Lugo

Os Convenios Colectivos de AEB e CECA, que rematan a súa vixencia o 31 de decembro, trouxeron unha nova perda de poder adquisitivo. Aínda que se constituirá a mesa de Banca o vindeiro 9 de decembro, en xaneiro non teremos suba salarial e cobraremos menos que en decembro, malia subiren os prezos da maioría das subministracións básicas. Mentres, a banca terá beneficios multimillonarios.

Para outros sindicatos nunca é o momento, pero cando os bancos, AEB e CECA, definen nos seus orzamentos as previsións de suba salarial para 2027, é cando debemos deixarlles claro que, se non hai un incremento de salarios que nos permita recuperar poder adquisitivo, haberá conflito.

A CIG non asinou eses recortes salariais e coa CIG na Galiza hai conflito. Por iso manifestámonos na Coruña, Vigo, Ourense e en Lugo, concentrándonos en 65 oficinas bancarias. Porque temos dereito a non perder poder adquisitivo, a un clima laboral que non nos faga enfermar, e a que as novas tecnoloxías non sexan unha ameaza, senón que sexan utilizadas para facilitarnos o traballo e para reducir xornada laboral.

Mobilización en Lugo

Se soben os presos, que suban os salarios!


17 de novembro de 2026

Sentenza Semana Grande Vigo

A CIG gaña unha nova sentenza contra a redución da Semana Grande ordenada polo Banco

Sentenza Semana Grande Vigo

Despois da demanda presentada pola CIG e da celebración de xuízo no mes de maio pasado, hoxe foinos notificada a sentenza contra a decisión do banco de reducir un día de Semana Grande na cidade .

A sentenza declara a nulidade da decisión empresarial consistente en non reducir a catro horas a xornada de traballo efectivo correspondente ao día 4 de agosto de 2025, coa conseguinte condena ao BBVA a que, de común acordo e nun prazo máximo de tres meses a contar desde a firmeza da sentenza, repoña aos traballadores e traballadoras afectadas cunha redución de xornada nun día laboral.

Esta nova, súmase as sentenzas anteriormente gañadas nas cidades de (recorrida polo banco ao TSXG) e (recorrida ao Supremo, despois de ratificación polo TSXG).

9 de novembro de 2026

Folga na Banca, o 11N Sóbrannos os Motivos

Quen traballamos nun banco sabemos ben que sobran os motivos para secundarmos a FOLGA XERAL deste mércores 11 de NOVEMBRO.

Ninguén mellor que nós coñece a situación laboral que padecemos: mentres os bancos acadan beneficios históricos e reparten suculentos dividendos, as traballadoras e os traballadores –artífices da xeración deses beneficios– seguimos perdendo poder adquisitivo (cada vez nos custa máis chegar a fin de mes). O acoso comercial implantado como forma de xestión, a sobrecarga de traballo convertida en rutina, os malos modos, os requirimentos constantes de cumprimento de obxectivos…

4 de novembro de 2026

Fronte a arbitrariedade e a opacidade, O banco ten que dar explicacións

Fronte a arbitrariedade e a opacidade, O banco ten que dar explicacións

Nos últimos días estamos a asistir cunha fonda preocupación ao resultado da proliferación de controis, «catas» e á apertura de expedientes disciplinarios, relacionados coa implantación do novo protocolo de escoitas na Zona Contigo. Desde a CIG témolo moi claro: sempre imos defender o traballo ben feito, mais as formas e a transparencia importan tanto como o fondo. E isto semella unha cacería.

29 de outubro de 2026

Beneficios históricos e nós perdendo poder adquisitivo!

A Dirección do Banco: estamos no mesmo barco

Ante a publicación dos resultados, entendemos a alegría de accionistas e da alta dirección que cobrará abondosos incentivos. O descontento que causa na clientela ese tipo de anuncios a bombo e pratos sufrímolo nas oficinas.

Quen suamos a camiseta estamos perdendo poder adquisitivo xa que o convenio non contempla clásula de revisión salarial anual, nin melloras para este ano. O convenio da recuperación, que vendían algún, que asinaron novos recortes e que agira prometen futuras subas.

Dende a CIG dirixímonos ao banco para reclamar una negociación con toda a representación sindical, sen ter aínda resposta.

Así que toca protestar, que quen non chora non mama.

28 de outubro de 2026

As prexubilacións e as xubilacións deféndense!

No banco e goberne quen goberne

Como xa sabedes levamos anos reclamando ao BBVA un Plan de Prexubilacións negociado, de igual xeito que existe noutros bancos. Seguimos defendendo que hai aproveitar os períodos transitorios abertos na reforma da Seguridade Social.

As prexubilacións sempre estiveron ligadas á posibilidade do persoal de xubilarse anticipadamente (antes aos 61, agora aos 63 transitoriamente), por iso calquera cambio afecta aos procesos de prexubilación.

A reforma de 2011, pactada polo PSOE–CEOE–CC.OO–UGT, alongou a vida laboral até os 67 e estableceu durísimos coeficientes redutores, elevando a idade de xubilación anticipada aos 63. Isto levou a que se restrinxiran tremendamente os procesos de prexubilación. Unhas saídas brandas que nós defendemos xa que permitían atenuar os procesos dos ERES. A CIG convocou unha Folga Xeral contra aquela reforma.

Neste 2026 o Goberno do PSOE e SUMAR tramita un RD que establecería un maior control sobre as saídas de persoal maior de 50 anos.

PP e Vox anuncian cambios no sistema público de pensións, a priori anuncian que non afectará aos xubilados e xubiladas actuais, deixando entrever que afectará a quen se xubile no futuro. Se miramos ao noso entorno, na UE outros Gobernos están alongando a vida laboral até os 70 anos e penalizando aínda máis as xubilacións anticipadas.

Seguimos defendendo a posta en marcha dun proceso de prexubilacións no BBVA, aproveitando as actuais condicións transitorias, con garantías ante posibles cambios. Unhas prexubilacións que permitirían un máis que necesario relevo xeracional. O tempo corre na nosa contra.


21 de outubro de 2026

Inflación desbocada!

BBVA pode permitirse negociar para evitarnos novo recorte salarial


O IPC pechou en setembro no 5,5 % a nivel galego, e no 4,9 % a nivel estatal.

Inflación desbocada!
  • A suba do salario base do convenio é só do 2,75 % (de outros conceptos como a antigüidade, é aínda menor, do 2 %). De seguir así o IPC non recibiremos atrasos, nin se actualizarán táboas.
  • Malia ter beneficios históricos, o BBVA non contempla ningunha suba adicional en 2026.
  • A compensación por quilometraxe leva conxelada desde 2012. O diésel subiu en setembro un 34 % e a gasolina un 28 %. 
  • As comidas, nas xornadas partidas, están en 11 € ∕día.
  • A suba brutal dos alugueres e do prezo da vivenda, que non contempla o IPC, está dificultando especialmente a vida do persoal máis novo que ten salarios máis baixos.

A falta dunha cláusula de revisión salarial no Convenio, foi un dos principais motivos polo que a CIG non o asinou.

7 de outubro de 2026

Se soben os prezos teñen que subir os salarios!

Se soben os prezos teñen que subir os salarios!

Viñamos duns convenios cos que perdemos un 25 %  do salario por non contemplar cláusula de revisión anual vinculada ao IPC. Malia estes antecedentes CC.OO e UGT asinaron os actuais convenios, co SIB—sf en Aforro e con FINE en Banca, sen cláusula de revisión salarial anual. Agora, co IPC no 5 % , teremos unha nova perda, xa que non contaremos con eses atrasos.

Se lle sumamos a conxelación das compensacións por quilometraxe; cuns combustibles que dobraron o prezo, hai compañeiras e compañeiros que pagan do seu peto por ir traballar. Xa non se trata de negociar mal ou dun erro na negociación, senón dunha nova cesión ante uns bancos que teñen beneficios millonarios, e que ao persoal repártenos perdas, co visto bo dos sindicatos que están ao servizo das empresas.

23 de setembro de 2026

Sentenza compensación sábados festivos

Unha vez celebrado so xuízo contra a patronal AEB, tal e como xa informamos, a Audiencia estima parcialmente as demandas interpostas por CIG, FeSMC–UGT, CC.OO e CGT fronte á Asociación Española de Banca, recoñecendo ás persoas traballadoras afectadas polo conflito o dereito a compensar cun día de descanso adicional o festivo estatal, local ou de Comunidade Autónoma que coincida con día de descanso semanal en sábado, pero unicamente respecto do período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro de cada anualidade.

A compensación deberá realizarse no prazo dos 14 días seguintes, condenándose a recoñecer dita compensación retroactivamente ás persoas traballadoras que se atopasen en dita situación, no período considerado non prescrito.

No caso de CECA acordouse aplicar a sentenza que se ditara no xuízo de AEB, pero o litixio sigue vivo. Hai que subliñar que, no sector de Aforro, cando se pactou librar os sábados non se reduciu a xornada, trasladando esas horas de luns a venres, incluíndo ademais unha tarde os xoves.

Este asunto non remata aquí. Imos presentar recurso no Tribunal Supremo para que sexan recoñecida a compensación de todos os sábados festivos do ano e sen ningún tipo de contrapartida.

1 de xullo de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Mobilización na Coruña

Delegadas e delegados da CIG do sector financeiro estivemos mobilizándonos de novo na , o pasado luns 30, contra o acoso comercial constante e a sobrecarga de traballo ao que nos vemos sometidas as traballadoras e traballadores do sector, alén da perda salarial que estamos a padecer.

Ao tempo, esiximos a readmisión das nosas compañeiras Montse de e Ana do , despedidas inxusta e inxustificadamente. Alá onde haxa unha persoa despedida, a CIG estará na rúa dando resposta.

Seguiremos a denunciar as consecuencias para o persoal duns sistemas de produción por obxectivos salvaxes e inhumanos, que atentan contra a nosa dignidade, a nosa saúde mental e física, e as nosas vidas. E tamén a perda salarial continuada, xa que a pesar de que estamos en épocas de máximos beneficios históricos, non recuperamos a enorme perda anterior e, por riba, agora aínda sufrimos máis perda. E non o imos normalizar.

17 de xuño de 2026

Compensación de festivos en sábado

Presentados Conflitos Colectivos contra AEB e CECA

Como xa informamos, requirimos as patronais para que recoñezan o dereito do persoal a un día de libranza como compensación por cada festivo que cae en sábado.

Celebráronse senllos actos de conciliación no SIMA en , sen chegar a un acordo, polo que a CIG presentou os respectivos conflitos colectivos na Audiencia Nacional.

A compensación dos festivos, cando cadran en sábado, é algo que ningún dos convenios colectivos do sector financeiro contempla.

Nese senso, a CIG, como non asinantes deses convenios, ten toda a lexitimidade para reclamar a compensación ou a alzar a voz contra o modelo laboral e comercial da banca española. Un modelo laboral e comercial que foi implantado a través dos convenios e de acordos de empresa asinados sempre polos mesmos.

11 de xuño de 2026

Novo acordo ZONA CONTIGO

A grande oportunidade perdida para pór fin á discriminación do colectivo


Despois da celebración con fogos de artificio dos sindicatos asinantes, cómpre pór en perspectiva as demandas de TODOS os sindicatos e o finalmente acordado para o colectivo de Zona Contigo.

O punto de partida: sen dúbida o peor acordo asinado co banco por ACB–CC.OO–UGT como anexo ao do ERE en 2021 (inxusto e inxustificado ERE), sen ningún tipo de negociación. Acordo que incluso empeoraba o de Contigo de 2018 (reducindo á metade a xornada de verán, por exemplo). Así validaban a creación dunha nova categoría de traballadoras/es no banco: de 1ª, de 2ª, de 3ª… e os/as da Zona Contigo (CSE's).

4 de xuño de 2026

Contra a presión comercial e o recorte salarial

Roteiro por 20 sucursais de Vigo para protestar Contra a presión comercial e contra o recorte salarial

O 3 de xuño continuamos coas mobilizacións que iniciamos o 19 de maio na Coruña, para protestar contra omodelo insostíbel da banca.

Porque queremos traballar e non enfermar.

Porque non podemos normalizar o acoso e a violencia psicolóxica no traballo.

Porque se soben os prezos teñen que subir os salarios.

Porque temos dereito a uns horarios que nos permitan conciliar e vivir.


 

 

 

 

 

 

19 de maio de 2026

A presión comercial é acoso laboral

Por unha banca socialmente responsable


O 19 de maio a CIG demos comezo na a unha campaña de mobilizacións, que continuará nos vindeiros meses, para reclamar unha banca socialmente responsábel, que poña as necesidades da clientela por diante dos beneficios escandalosos que amasan quen xestiona as entidades bancarias.

Mobilización na Coruña o pasado martes 19 de maio (2026)

Os traballadores e traballadoras da banca sufrimos un auténtico acoso para colocar produtos financeiros que a clientela non demanda, só para encher máis os petos dos bancos. Con xornadas maratonianas baixo unha falsa flexibilidade: os bancos asignan unha carga de traballo imposible de realizar na xornada legal, e nin pagan, nin cotizan, nin rexistran as horas extra.

8 de maio de 2026

Este banco partirache o corazón

Este banco partirache o corazón!

A SOBRECARGA de TRABALLO, OS OBXECTIVOS de vendas CRECENTES, OS MALOS MODOS ou incluso ás AMEAZAS para que os cumpras, xunto ás ESGOTADORAS XORNADAS LABORAIS e o ESTRÉS son RISCOS PSICOSOCIAIS, que MATAN a 840.000 persoas ao ano (OIT).

As enfermidades cardiovasculares causan o 43 % dos accidentes laborais mortais (INSST).

21 de abril de 2026

Contra o ACOSO COMERCIAL e a SOBRECARGA DE TRABALLO

Mobilización na Coruña: contra o acoso comercial e a sobrecarga de traballo
BBVA–A Coruña. Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA

Delegadas e delegados da CIG mobilizámonos novamente hoxe diante da Territorial do BBVA na Coruña para denunciar publicamente o principal problema que estamos a padecer no BBVA: o ACOSO COMERCIAL constante ao que estamos sometidas as traballadoras e traballadores do banco, motivado por uns obxectivos incrementados brutalmente e cunhas cargas de traballo non asumíbeis.

A dirección do banco fixa uns obxectivos absolutamente desproporcionados e para tentar a súa consecución está establecido un sistema de acoso comercial constante, cunha carga de traballo totalmente insoportábel.

24 de marzo de 2026

O Banco non recúa na problemática da Semana Grande A Coruña e Vigo

Xa estamos a piques de chegar a unha nova Semana Grande tanto na cidade da como en e o BBVA segue erre que erre, empeñado en non dar marcha atrás.

Como xa sabedes, o ano pasado, o banco, de maneira unilateral, restounos un día de disfrute de horario reducido durante a semana das festas maiores das dúas prazas. Ante esa inxusta interpretación, emanada de non se sabe onde, desde a CIG enviamos escrito a RR.LL manifestando o noso rexeitamento á medida e esixindo que se lle devolvera ao persoal o seu dereito a ter horario reducido durante os 5 días, tal e como viña sucedendo nos últimos 20 anos. Non quixeron solucionalo e vímonos na obriga de interpoñer sendas demandas de modificación substancial das condicións de traballo nos xulgados do social.

20 de marzo de 2026

6 de marzo de 2026

Por unha iguladade real no BBVA

BBVA asinou en 2023 un Plan de Igualdade no que asume que ten unha Auditoría Salarial fallida.

Os sindicatos asinantes deron un balón de osíxeno de 18 meses no propio Plan para negociar un novo Sistema de Avaliación de Postos de Igual Valor. Os 18 meses remataron en xaneiro de 2025 e chocaron cunha OPA que, sendo o único importante nese momento, deixou na «lista de agarda» o desenvolvemento dun sistema que nos permita coñecer a fenda salarial real no BBVA. Cousa imposíbel até o momento.

En xuño de 2025 o banco convocou só aos sindicatos asinantes a unha xuntanza na que presentou un novo sistema para a avaliación de postos, non negociado.

A CIG non foi convocada e, como xa lle indicamos á empresa, a negociación deste novo sistema é unha competencia da Mesa Negociadora na que temos que estar todas as partes. Non se pode deixar fóra a ninguén baixo o pretexto de facelo a través dunha comisión de seguimento. Cada cousa para o que é. O Plan de Igualdade remata en 2027. Botade contas.

Celebramos este 8M con sobrados motivos para reclamar ao BBVA que se suba «de verdade» ao carro do feminismo, con plena consciencia:

  • Queremos coñecer a Fenda Salarial real e os seus motivos.
  • Queremos non ter que acadar os mesmos obxectivos se estamos en redución de xornada e salario.
  • Queremos facer extensiva a concreción horaria como a mellor ferramenta de conciliación e non ter que renunciar ao noso salario.
  • Queremos eliminar o chan pegañento que discrimina a tantas compañeiras e frustra carreiras e talento.
  • …(escribe o teu motivo)

Sobran os motivos para saír á rúa, tamén por unha igualdade real no BBVA, porque o 8M vai de loita e reivindicación, súmate á CIG!

8M