
Ante a publicación dos resultados, entendemos a alegría de accionistas e da alta dirección que cobrará abondosos incentivos. O descontento que causa na clientela ese tipo de anuncios a bombo e pratos sufrímolo nas oficinas.
Quen suamos a camiseta estamos perdendo poder adquisitivo xa que o convenio non contempla clásula de revisión salarial anual, nin melloras para este ano. O convenio da recuperación, que vendían algún, que asinaron novos recortes e que agira prometen futuras subas.
Dende a CIG dirixímonos ao banco para reclamar una negociación con toda a representación sindical, sen ter aínda resposta.
Así que toca protestar, que quen non chora non mama.
Fixemos manifestacións en A Coruña, Vigo e Ourense e concentración en 10 oficinas de BBVA para reclamar que se revisen os salarios. E seguiremos.
Se soben os presos, que suban os salarios!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario:
Publicar un comentario