17 de novembro de 2026

Sentenza Semana Grande Vigo

A CIG gaña unha nova sentenza contra a redución da Semana Grande ordenada polo Banco

Sentenza Semana Grande Vigo

Despois da demanda presentada pola CIG e da celebración de xuízo no mes de maio pasado, hoxe foinos notificada a sentenza contra a decisión do banco de reducir un día de Semana Grande na cidade .

A sentenza declara a nulidade da decisión empresarial consistente en non reducir a catro horas a xornada de traballo efectivo correspondente ao día 4 de agosto de 2025, coa conseguinte condena ao BBVA a que, de común acordo e nun prazo máximo de tres meses a contar desde a firmeza da sentenza, repoña aos traballadores e traballadoras afectadas cunha redución de xornada nun día laboral.

Esta nova, súmase as sentenzas anteriormente gañadas nas cidades de (recorrida polo banco ao TSXG) e (recorrida ao Supremo, despois de ratificación polo TSXG).

Instamos ao banco a que, dunha vez por todas, desista dos recursos presentados, acate as sentenzas condenatorias (A Coruña e Ourense) e se absteña de presentar recurso en Vigo.

Lembramos que, no mesmo caso, o , ante demandas da CIG, chegou a acordo previo á celebración de xuízos, polo que se recoñeceu ese dereito (naquel momento e a futuro) e se lle compensou ao persoal afectado o tempo realizado de máis.

É absolutamente incomprensíbel a postura do BBVA de continuar cos procedementos xudiciais, sendo o único banco no sector que o está a facer, aínda que unha tras outra, todas as sentenzas resultan contrarias ás súas pretensións, e que non as acate dunha vez por todas. O banco prefire gastar os seus cartos en bufetes xurídicos que en retribucións xustas para o seu persoal.

E coma sempre facemos, ante cada ataque aos dereitos laborais, dende a CIG actuamos, tanto nos xulgados como na rúa!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 261117 [.pdf · 194 kB]



Ningún comentario: