21 de outubro de 2026

Inflación desbocada!

BBVA pode permitirse negociar para evitarnos novo recorte salarial


O IPC pechou en setembro no 5,5 % a nivel galego, e no 4,9 % a nivel estatal.

Inflación desbocada!
  • A suba do salario base do convenio é só do 2,75 % (de outros conceptos como a antigüidade, é aínda menor, do 2 %). De seguir así o IPC non recibiremos atrasos, nin se actualizarán táboas.
  • Malia ter beneficios históricos, o BBVA non contempla ningunha suba adicional en 2026.
  • A compensación por quilometraxe leva conxelada desde 2012. O diésel subiu en setembro un 34 % e a gasolina un 28 %. 
  • As comidas, nas xornadas partidas, están en 11 € ∕día.
  • A suba brutal dos alugueres e do prezo da vivenda, que non contempla o IPC, está dificultando especialmente a vida do persoal máis novo que ten salarios máis baixos.

A falta dunha cláusula de revisión salarial no Convenio, foi un dos principais motivos polo que a CIG non o asinou.

Por todo isto desde a CIG reclamamos publicamente ao BBVA a apertura dunha negociación con toda a representación sindical, para abordar medidas urxentes co fin de evitar unha nova perda salarial que sería inxusta á vista dos resultados do Banco.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 261021 [.pdf · 206 kB]



Ningún comentario: