
A finais de xullo, o Banco enviou correos con instrucións ás DCBC da cidade da Coruña e de Vigo relativas ao horario reducido do persoal na Semana Grande das Festas Maiores da cidade.
Neses correos, a empresa indicaba que a Semana Grande nestas localidades pasaría a ser de 4 días de xornada reducida, dende o martes 5 até o venres 8. Basean a súa decisión nun criterio de AEB que interpreta o art. 26.6 do actual presente Convenio Colectivo.
A Semana Grande tanto na cidade da Coruña, como na de Vigo, vén disfrutándose na primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto, dende sempre.
Dende a Sección Sindical de CIG, ante esta decisión unilateral da empresa, contactamos telefonicamente co responsable de relacións laborais da AEB para preguntar por este criterio indicado polo BBVA, e a resposta foi que non existe ningún criterio máis alá do artigo do Convenio Colectivo. Tampouco existe ningunha acta da Comisión Paritaria.
Por tanto, dende esta Sección Sindical enviamos un escrito a RR.LL do BBVA manifestando o noso rexeitamento ante esta decisión que entendemos unilateral, inxustificada e inxustificábel. Tamén en conversa telefónica, manifestámoslles que de non mudar as instrucións, tomariamos as accións legais ao noso alcance para recuperar un dereito disfrutado pola totalidade do cadro de persoal destas dúas cidades dende hai moitas máis décadas que antigüidade temos a maioría das persoas traballadoras nas mesmas.
O BBVA pretende ampararse nun criterio inexistente, xa que a AEB en ningún caso vai dirimir en cada praza na que exista entidade bancaria, nin cando se celebra a semana grande, nin durante cantos días corresponde realizar xornada reducida.
Queremos lembrarvos que xa en 2020 a empresa tentou quitarnos as xornadas reducidas de Nadal e, a consecuencia dun conflito colectivo da CIG, que se gañou tanto no TSXG como no Tribunal Supremo, conseguimos recuperar o que era uso e costume, sendo agora un dereito incuestionábel. Tanto é así, que a propia empresa propuxo a extensión do dereito ao resto do persoal dentro do Plan de Igualdade.
A finais de agosto, dende a CIG xa interpuxemos conflitos colectivos na Coruña e en Vigo para que se clarifique esta decisión arbitraria, abusiva e totalmente inxustificada, e nos devolvan os nosos dereitos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario