
Ante a conmemoración do 28 de xuño, Día do Orgullo LGBTI+, denunciamos a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade, a Lei 4/2023 quedou reducida a simples cláusulas declarativas e á negociación dun protocolo de acoso. O que a súa vez se traduciu en acordos baleiros de contidos a nivel sectorial asinados coa AEB.
A lei non contemplaba a obriga de realizar diagnósticos, enquisas de clima laboral ou outras ferramentas que permitisen identificar as problemáticas reais ás que se enfronta o persoal LGBTI+ en cada centro de traballo. Tampouco se avaliaba a capacidade real da organización para acoller con garantías a persoas deste colectivo. As nosas propostas nesa vía, foron rexeitadas pola AEB que acadou un acordo que é un lavado de cara sen garantir a igualdade.
A loita continúa e chamamos a participar nas mobilizacións convocadas para o vindeiro sábado por diversos colectivos en Galiza (AVANTE LGBT+, Alas, Nós Mesmas, Arelas, Orgulho Ourense…):
- A Coruña: sábado 28, na praza de Ourense, ás 19:30 h.
- Ferrol: sábado 28, na praza de Amada García, ás 12 h.
- Compostela: sábado 28, na praza 8 de marzo, ás 20 h.
- Lugo: sábado 28, na praza Horta do Seminario, ás 12 h.
- Ourense: venres 27, na praza Bispo Cesáreo, ás 20 h.
- Pontevedra: sábado 28, no parque das Palmeiras,ás 20 h.
- Vigo: sábado 28, na Dobrada, ás 20 h.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario