2 de maio de 2025

Incorporación ao convenio das medidas planificadas para acadar a Igualdade Real e efectiva das persoas LGTBI

O pasado día 24 de abril, parte da representación legal das persoas traballadoras, concretamente CC.OO, UGT, FIB e FINE, con presenza na mesa de convenio, asinou un acordo para incluír un novo capítulo no convenio (capítulo décimo sexto) que recolle medidas planificadas para acadar a igualdade real e efectiva das persoas LGBTI. Acordo que a CIG NON ASINOU.

Desde a CIG participamos activamente na negociación, iniciada o 8 de xaneiro, aportando unha proposta con medidas que melloraban e ampliaban as recollidas no Real Decreto que establece a obrigatoriedade de negocialas (RD. 1026/2024 de 8 de outubro).

As que recolle acordo asinado, limítanse ao contido de mínimos que establece o Real Decreto, deixando no ámbito da negociación das empresas as posibles medidas que vaian máis alá deste.

Non recollen ningunha das nosas propostas específicas.

No que respecta ao protocolo de actuación fronte ao acoso, en relación coa composición da comisión instrutora, nós demandamos que fose paritaria para dar maiores garantías as persoas afectadas. A patronal non admite a participación da Representación Legal das Persoas Traballadoras na mesma e no acordo queda recollido que a comisión instrutora estará constituída unicamente por persoas representantes da empresa.

Desde a CIG manifestamos na mesa de negociación que non ten sentido asinar un documento coas medidas que xa están recollidas na norma; máxime cando sabemos que no caso de non haber acordo, existe a obriga de aplicar esas medidas.

A CIG asinaría un acordo que mellorase e profundase no que establece o Real Decreto.

Agardaremos a negociación do próximo convenio para seguir aportando e defendendo propostas que melloren o Plan de Igualdade do Colectivo LGBTI para o conxunto das empresas do sector.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 250428 [.pdf • 146 kB]



Ningún comentario: