Como sabedes, despois da implantación do sistema de rexistro de xornada, o banco comunicounos que o horario nos días de Nadal (24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro) sería o habitual sen redución da xornada. A CIG demandou daquela diante do TSXG pola modificación sustancial e colectiva das condicións de traballo, xa que como quedou acreditado levábase adiantando a saída eses días no banco por máis de 20 anos.
A sentenza foi favorábel a todas e todos nós e recuperamos ese dereito.
Vídeo: YouTube [.mp4] 746 Mb
Aínda non conforme, o banco recurriu esa sentenza do TSXG ao Supremo pretendendo volvernos a eliminar o dereito. Mais onte fóisenos notificada sentenza do Supremo que resolve ese recurso do BBVA contra a sentenza do TSXG, rexeitándoo e confirmando a sentenza do TSXG. Quedando, polo tanto, agora si ese dereito consolidado.
Se ben este ano os días 24 e 31 de decembro son días non laborables, o 5 de xaneiro a xornada laboral será reducida de 5 horas (con entrada ás 8 h, a saída será ás 13 h).
Agora pretendemos facer extensivo o dereito conseguido pola CIG no BBVA ao resto de entidades a través da súa inclusión no convenio de banca, xa en negociación.
Lembra tamén que ao respecto do día de licenza retribuída en Nadal (24 decembro, 31 decembro ou 5 de xaneiro), ao ser festivos 24 e 31 de decembro poderá ser desfrutado entre o 22 de decembro, o 29 de decembro ou o 5 de xaneiro.
Na CIG seguiremos a loitar nas mesas de negociacións, nas rúas, nos xulgados ou onde sexa necesario contra a contínua perda dos nosos dereitos que levamos anos padecendo. Xa abonda!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario