
A CIG mantivo desde o primeiro momento unha posición firme e coherente en contra da OPA hostil e de calquera intento de fusión entre o BBVA e o Sabadell, advertindo do impacto laboral, económico e social que unha operación destas características tería sobre o persoal, o emprego en Galiza e os servizos á cidadanía.

Fixemos pública a nosa oposición mediante comunicados, mobilizacións e accións reivindicativas, alertando dos riscos de destrución de postos de traballo e peche de oficinas, nun sector bancario galego xa moi afectado por anteriores reestruturacións.
Presentamos unha iniciativa no Congreso rexeitando a OPA.
Estivemos presentes en encontros sindicais, roldas de prensa e actos de denuncia para facer visible a nosa postura e reclamar medidas en defensa das traballadoras e traballadores.
A fusión ou absorción só traería consecuencias negativas para as traballadoras e traballadores do BBVA e Sabadell (despedimentos, aínda maior incremento de presións e carga de traballo, modificacións das nosas condicións laborais: mobilidades, xornadas…) e a CIG contribuíu a esa fronte en contra da OPA desde o primeiro momento.
Seguiremos, como sempre, defendendo os nosos dereitos laborais, a transparencia e a estabilidade no emprego, así como o mantemento dun servizo financeiro próximo e de calidade.
É hora de que as persoas que provocaron que os cadros de persoal estivesen saturados, presionados até límites insospeitables, cunhas esixencias de obxectivos salvaxes durante todo este proceso, asuman a súa responsabilidade e deixen de xogar co futuro e as vidas dos e das excelentes profesionais que teñen baixo o seu mando. Queremos traballar e queremos traballar sen enfermar polas condicións dos nosos traballos.
Porque o noso compromiso é coas persoas e co país.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario