
Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2026…

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2026…
A CIG mantivo desde o primeiro momento unha posición firme e coherente en contra da OPA hostil e de calquera intento de fusión entre o BBVA e o Sabadell, advertindo do impacto laboral, económico e social que unha operación destas características tería sobre o persoal, o emprego en Galiza e os servizos á cidadanía.

Fixemos pública a nosa oposición mediante comunicados, mobilizacións e accións reivindicativas, alertando dos riscos de destrución de postos de traballo e peche de oficinas, nun sector bancario galego xa moi afectado por anteriores reestruturacións.
Presentamos unha iniciativa no Congreso rexeitando a OPA.
Estivemos presentes en encontros sindicais, roldas de prensa e actos de denuncia para facer visible a nosa postura e reclamar medidas en defensa das traballadoras e traballadores.
Concentracións da CIG contra a OPA BBVA–Sabadell e pola defensa dos nosos postos de traballo

O vindeiro 26 de xuño remata o prazo para que o Goberno tome unha decisión sobre a OPA hostil do BBVA ao Banco Sabadell.
As seccións sindicais da CIG no Banco Sabadell e no BBVA, mobilizámonos na Coruña, diante da Delegación do Goberno na Galiza para esixirlle que se opoña rotundamente a esta operación que só beneficiaría aos grandes fondos de investimento especulativos estranxeiros. Tamén estivemos diante da DT Noroeste do BBVA e da OP do Banco Sabadell.
Hoxe remata o prazo establecido polo Goberno español da consulta pública sobre a OPA.

A federación de Banca da CIG, mantivo onte, 15 de maio, unha xuntanza co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que participaron os secretarios das seccións sindicais da CIG nas dúas entidades, ademais da secretaria da federación, para trasladarlle a nosa firme posición contraria a esta operación e os nosos argumentos para rexeitala. O deputado comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para abordar o impacto desta operación, despois da reunión coa CIG.

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2025…
As seccións sindicais da CIG no BBVA e no Banco Sabadell reuníronse hoxe para analizar a situación creada despois do falido intento de fusión e o anuncio de OPA do BBVA sobre o Banco Sabadell.
En primeiro lugar, manteñen o seu rexeite a esta nova reestruturación do sector, polas implicacións que terá na destrución de milleiros de postos de traballo e novo peche de oficinas bancarias, que virá a aumentar, nun chanzo máis, as dificultades da clientela no acceso a servizos bancarios, con redución da competencia e máis atrancos ao creto, tanto para particulares como para empresas, etc.
En segundo lugar, porque xa nas dúas entidades está producíndose un aumento da presión sobre o persoal e sobre carga de traballo, por varias vías:
No BBVA incrementáronse os obxectivos para o 2º cuadrimestre do ano, precisamente nunha época na que comezan as vacacións do persoal. Se ata o de agora xa tiñan moitas dificultades para o cumprimento destes obxectivos, con esta suba de entre un 25 e un 90 % dependendo dos produtos a colocar, a pretensión da entidade de que o traballo de 4 meses se faga en 3, fai aínda máis inviable a súa consecución, para chegar a conseguir un cumprimento que retribúa ao persoal polo seu esforzo. Con esta medida a dirección do banco pretende gabarse (aínda máis) dos seus resultados para convencer á Xunta de Accionistas da súa boa xestión e de que a OPA contribuirá aínda máis a conseguir incrementar eses obscenos beneficios de dúas cifras que xa fixeron públicos este ano.