Durante o día de onte, mércores 22 de outubro, tivo lugar unha sesión histórica do CESS (Comité Estatal de Seguridade e Saúde) do BBVA.
Despois de moitos, moitos anos, nos que reclamamos un sistema de avaliación de riscos psicosociais que considerásemos válido en canto a metodoloxía e resultados, o banco finalmente anunciou que, a partir de agora, o método que vai a empregar para este fin será o método FPSICO. Un método validado polo INSST (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo), considerado unha ferramenta neutral con recoñecido prestixio institucional. O banco indicou que van a facer unha enquisa a todo o cadro de persoal para evitar demoras indebidas. Previamente, teremos unha xuntanza monográfica relativa a metodoloxía. E non haberá que agardar moito.
Deixaremos atrás un sistema fabricado «ad hoc» para BBVA, no que durante a súa existencia, tivo a maior logro ter acreditado CERO resultados en riscos psicosociais no cadro de persoal.
Dende o seu nacemento e posta en marcha, este sindicato e outros, estivemos de acordo en que ese método non servía porque non medía o que tiña que medir. Criticamos e reclamamos permanentemente que se mudase, que se actualizase, que se adoitase outra metodoloxía… E finalmente, ese día chegou.
E temos que parabenizarnos por iso.
Os riscos psicosociais son o grande elefante agochado na habitación que as empresas do sector financeiro empéñanse en meter debaixo da alfombra de xeito histórico. Ter unha ferramenta que expoña a verdadeira situación do persoal permitirá, a lo menos un chisco, facer verdade esa frase de que somos un banco de persoas para as persoas.
Por iso, dirixímonos a todos e todas vós para recomendarvos encarecidamente que, no momento de cubrir estas enquisas, o fagades con toda a sinceridade e expoñendo todo aquilo que vos estea a acontecer.
Só deste xeito conseguiremos que se poidan mudar as cousas, á vista dos resultados, coa implantación de medidas efectivas que, por suposto, esixiremos.
Queremos tamén defender e validar a importancia do bo funcionamento dun foro como é o CESS onde sempre debemos caber todas as voces e aportar todas e todos. Así si.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario