Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB
O pasado 22 de xaneiro tivo lugar a 18ª reunión da mesa de negociación do Convenio, vencido dende decembro de 2018. O propósito era tratar as materias dos catro primeiros capítulos, mais finalmente a reunión concretouse nunha vaga exposición de ideas centrais sen afondar nas cuestións nin entrar a debater a súa concreción. Unha vez máis a patronal segue a enredar na mesa, esgotando convocatorias, agardando á proximidade do remate da prorroga da ultractividade o 30 de xuño de 2020, para tentar acadar pola porta de atrás un Convenio á súa medida. Así pois reafirmámonos na frase do título, porque unha vez asinado un acordo de rexistro de xornada, que claramente responde aos seus intereses, semella que non teñen intención de perder o seu tempo en contrastar, debater e negociar propostas.


