O proceso de avaliación das persoas está a piques de rematar. Agora mesmo estamos na fase de calibración da que, a empresa só explica que é unha fase de axustes. Explicación moi pobre, despois do enorme esforzo de comunicación que fixo a empresa sobre o novo modelo.
E si. É a fase na que, de xeito vertical, «se revisan as avaliacións e se corrixen desaxustes».
Temos coñecemento de que existen ordes para modificar as avaliacións, de modo que o resultado quede englobado nunha media predeterminada. Así, se nunha zona, CBC, etc… o resultado está por riba da media, haberá que coller a tesoira e cortar onde sexa preciso.
As medias
son diferentes para as distintas áreas avaliadas: directivos (así, en masculino, pois son practicamente todos homes), banca de empresas, rede comercial…
Deixan así no eido da subxectividade pura e dura o resultado dun informe que nos acompañará ao longo da nosa carreira profesional.
Por que o banco inclúe unha porta traseira para a manipulación nun modelo que, reiteradamente, declara fundamental para a xestión de persoas?
Tan pouco se fía do seu cadro de persoal que ten que «axustar» as súas respostas?
Están facéndonos un traxe á súa medida para perpetuar o sistema de castas no BBVA?
De onde veñen as ordes? De que nivel estamos a falar?
Lamentablemente, a transformación no BBVA aínda non chegou ao seu equipo directivo e, para poder aforrar custes, o primeiro que fixeron foi exteriorizar as súas conciencias…
A nosa avaliación:
Profesionalidade = 0 (non formad@)
Manipulación = 4 (expert@)
Se non estás de acordo co teu informe de valoración, reclámao por escrito. Se tes dúbidas ou precisas axuda, contacta con algún dos delegados ou delegadas da CIG.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario