Amosando publicacións coa etiqueta EU. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EU. Amosar todas as publicacións

2 de marzo de 2020

Dez meses… «negociando»

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


A actual mesa de negociación do Convenio Colectivo de Banca constituíuse formalmente o pasado 2 de abril de 2019. Como sabedes, o está vencido dende o 31 de decembro de 2018, e a súa foi prorrogada, por acordo da mesa, até o 30 de xuño de 2020.

A negociación do rexistro de xornada e o tempo investido para chegar a un acordo nesa materia, produciu unha gran demora até que se comezaron a abordar os temas propios de convenio, o que foi no mes de outubro.

Dende aquela data e até hoxe, cada parte deu a coñecer á outra as súas propostas, sen que exista ningún avance concreto. Cando menos, dende a parte social se están formulando propostas concretas sobre materias que preocupan, e moito, a persoal do sector, pois inciden negativamente nas súas condicións de vida e de traballo.