17 de outubro de 2019

Renovar para retroceder en dereitos

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


O pasado día 16 de outubro tivo lugar a duodécima xuntanza da negociación do Convenio Colectivo de Banca. A patronal presentou as súas pretensións en materia de Xornada e Conciliación e Igualdade, comprometéndose a facilitar por escrito unha concreción das súas propostas.

XORNADA
A proposta da patronal pasa por unha desregulación total de horarios, mudando artigos que actualmente limitan a posibilidade de modificar os horarios establecidos en convenio en función das necesidades da empresa (art.27.3 ou art. 27.4 CCB). Pretenden acabar cun dereito histórico na Banca como é o horario continuado. E se a isto lle engadimos que o modelo de rexistro de xornada que pretenden implantar é autodeclarativo e recolle supostos nos que non é preceptivo rexistrar a xornada (algo que contradí a Lei), que é un modelo que permitirá perpetuar as prolongacións de xornada e as horas extras non cobradas nin cotizadas, podemos afirmar que con estas premisas o sector continuará afondando na súa precarización. Continuará a organización do traballo no sector tal e como está deseñada hoxe, onde a xornada diaria se adapta a carga de traballo e non ao revés, como debería ser.
 
CONCILIACIÓN
As propostas da AEB nesta materia pasan por modificar medidas recollidas actualmente no convenio, unicamente para dificultar o acceso as mesmas.