27 de marzo de 2023

Reforma das Pensións: da propaganda aos feitos (non amplía dereitos, amplía recortes)

Na reforma das pensións cómpre diferenciar a propaganda dos feitos; unha cousa é o que conta o Goberno e outra o que di a norma. Non amplían dereitos, si amplían recortes; velaquí podes deseguido, cunha ollada, comparar o que di o goberno e o que di a norma e unha análise polo miudo no seguinte enderezo:

 www.i.gal/analiserefpen 

13 de marzo de 2023

Asembleas abertas de traballadoras/es de banca. Participa!

A situación que vivimos os traballadores e as traballadoras dos bancos é de sobra coñecida:

Unha perda de poder adquisitivo brutal. Durante a crise obrigáronnos a apertarnos o cinto, agora que hai beneficios históricos só actualizan co IPC os salarios dos Directivos.

As salvaxes políticas comerciais, baseadas en obxectivos e unha presión crecente para conseguilos, son unha espada de Damocles sobre as nosas cabezas e nos sitúan nun permanente conflito de intereses. A MiFID parece que só é unha carga para o persoal, con formacións e asuncións de responsabilidade, pero as políticas comerciais quedan á marxe. Unhas políticas comerciais que son unha falta de respecto á nosa profesionalidade.

16 de febreiro de 2023

A CIG sigue sendo a 1ª forza en Galiza aumentando representatividade

Compañeiros e compañeiras, dámosvos as grazas unha vez máis polo apoio obtido nas Eleccións Sindicais celebradas este mércores 15 de febreiro.

Apoio que fai que volvamos ser a PRIMEIRA FORZA no BBVA en Galiza, confirmando o noso lema de que somos o sindicalismo necesario para evitar a continua perda de dereitos para o persoal do BBVA. O sindicalismo próximo a ti, combativo ao teu favor, forte e útil para todas e todos e sensíbel á problemática laboral e persoal que afrontamos a cotío no traballo bancario, gaña máis forza coa confianza e o respaldo recibido neste proceso electoral para situarse con vantaxe á cabeza da representatividade galega na entidade. Unha ferramenta sindical insubornábel ás presións e totalmente independente de pactos limitadores, para asegurar unha acción sindical eficiente na defensa dos dereitos e condicións laborais das persoas que traballamos no BBVA.

Estes son os resultados acadados: