13 de novembro de 2024

A grande oportunidade perdida
En anos de BENEFICIOS RÉCORD, asinan CONVENIO de MÍNIMOS

Coa sinatura do XXV , nos termos establecidos por CC.OO, UGT, FINE e a patronal, as persoas traballadoras dos bancos AEB perdemos unha oportunidade histórica de recuperar os nosos salarios e mellorar significativamente as nosas condicións de traballo.

Nunca na historia da negociación deste convenio os bancos gañaron tanto e as persoas traballadoras recibimos tan pouco polo noso esforzo e compromiso.

Xa o dixemos cando asinaron o preacordo salarial en xullo, as condicións salariais pactadas coa AEB por CC.OO, UGT e FINE, son moi inferiores ao asinado no Convenio de Aforro por estas mesmas organizacións, que non foron quen de defender os seus propios límites, botando a perder o esforzo do persoal que apoiamos decididamente a loita por mellorar as nosas condicións salariais e de traballo.

Os asinantes do convenio non foron quen de escoitar o berro do persoal que, consciente da transcendencia do momento, pedía seguir loitando polos seus dereitos dende a unidade sindical …ou non quixeron escoitar.

Comparativa convenios
Temas Preacordo AEB Convenio Aforro
Incremento en táboas  11 % 
2024: 4,25 % 
2025: 4,00 % 
2026: 2,75 % 
 11 % 
2024: 5 % 
2025: 3 % 
2026: 3 % 
Incremento adicional en táboas segundo IPC Máximo do 2 %  Máximo do 3 % 
Pago único adicional 2024 Ningún 1.000  (non consolidables)
Garantía de cobro para todo o persoal (aplicación da cláusula de compensación e absorción) Garántese un incremento mínimo anual calculado:
2024: 70 % …
2025: 70 % …
2026: 50 % …
…sobre incremento de salario base de nivel
Percíbense a totalidade dos incrementos pactados, sen compensación nin absorción
Trienios de antigüidade Revalorización do 5,99 %  Revalorización do 11 % (igual que incremento en táboas)

  • O importe da axuda alimentaria, para as persoas que fan horario partido do artigo 26.3 do , será 11 euros para os próximos tres anos, e non se actualizará.
  • Non se contempla un importe de quilometraxe mínimo a pagar polos bancos. Dende a CIG propuxemos que, cando menos, se igualara co que recolle o convenio de aforro: 0,35 km.

Mentres os bancos asociados a AEB seguen aumentando os inxentes beneficios, e se recuperan a marchas forzadas dos anos en que gañaron menos, as persoas que traballamos neses bancos:

  • Non imos recuperar o poder adquisitivo perdido, fiando a recuperación (só dunha parte) a que a inflación non se volva descontrolar.
  • Non temos garantido non seguir perdendo a futuro. A cláusula de revisión salarial topada no 2 %, e aplicable o final do convenio, implica seguir perdendo salarios se non se cumpren as previsións de IPC para ese período.
  • Non temos garantido o cobro do 100 % de suba para todas as persoas. A cláusula de compensación e absorción seguirá aplicando, aínda que sexa en menor contía para este convenio.

En anos de beneficios récord, o persoal dos bancos AEB recibiremos migallas como recompensa ao noso esforzo!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 241113 [.pdf · 202 kB]



Ningún comentario: