17 de novembro de 2015

Convenio: Os sindicatos debemos dar a cara contra a patronal


Imaxes: CIG · (cc) BY-NC-ND Concentración 13/11/15  

O que vivimos día a día nos postos de traballo é inxusto, coma inxusto é que aínda por riba, as Direccións pretendan recortarnos salarios. Pagar menos por máis traballo. As cousas non cambiarán por si soas, é preciso contestar cada golpe, denunciar cada abuso, combater cada recorte. Dentro do banco mandan eles, pero a rúa é nosa e por iso, o pasado 13 de novembro saímos de novo á rúa.

As patronais do sector financeiro preparan unha nova reconversión, pretenden desfacerse de milleiros de traballadores e traballadoras. Ademais, a consecuencia será unha maior carga de traballo para quen queden, e haberá unhas poucas contratacións de persoal novo en peores condicións. Por aí van os tiros na «Negociación do Convenio». As patronais puxeron por riba da mesa as súas pretensións, e só se fala do que eles queren: despedir máis, explotarnos máis e precarizar máis.

As Direccións mandan nas empresas, pero non deberían mandar nos sindicatos. Moitas veces, os traballadores e as traballadoras non teñen máis opción que calar e tragar, pero os sindicatos temos a obriga de dicir NON fronte aos abusos. Por iso nos manifestamos por , concentrándonos en , , , , e .

Non cederemos. A CIG non será cómplice das patronais.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 151117 [.pdf • 0'98 MB]


Ningún comentario: