Na reunión do 1 de decembro a patronal continuou enrocada: pretende impoñer o recorte nas pagas de beneficios, recortar os trienios, impoñer máis mobilidade xeográfica e novas categorías profesionais máis baratas. Só o sindicalismo nacionalista deu a cara, con novas mobilizacións conxuntas de ELA e LAB en Euskal Herria, da Intersindical-CSC en Catalunya e da CIG que se manifestou na Coruña.
Sen loita sindical non se consigue defender os dereitos laborais e moito menos conquistar novos, por iso a CIG está dando a batalla polo Convenio alá onde lle doe a patronal, fóra das entidades e das mesas onde mandan eles e poden ser prepotentes. As rúas son dos traballadores e das traballadoras.
A patronal presenta propostas durísimas que pretende que aceptemos mansamente. Iso é impoñer pero non negociar e así, aquí hai conflito.
«Fronte a tesoira da patronal, nestes 11 meses a CIG convocou 4 manifestacións e 24 concentracións. No mesmo período os sindicatos estatais non convocaron nada.»
Semella que para algúns o acordo é un fin en si mesmo, cando debería ser un instrumento para mellorar as condicións laborais. Neste senso pretenden utilizar a «perda de ultraactividade» para ceder ante a patronal asinando un mal acordo.
Non nos merecemos cobrar menos por traballar o dobre, por iso seguiremos na rúa. Vindeira xornada de loita o 14 de decembro en Lugo, coincidindo coa seguinte reunión da mesa.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario