12 de novembro de 2015

Convenio lixo?

Os norteamericanos acuñaron o termo «fast food» (comida rápida), o que aquí coñecemos como «comida lixo»; o seu antagónico é o «slow food» (comida lenta), que vén sendo a «comida de calidade».

Para a nosa sorpresa, CC.OO desembarcou na Mesa do convenio do día 12 de novembro cunha proposta dun «convenio rápido» (convenio lixo) que, segundo eles, transmita tranquilidade ás autoridades financeiras europeas e españolas, fronte ao inicio en xaneiro da nova reestruturación.

AEB, moi cómoda con ese escenario, fixo unha serie de propostas para avanzar nun convenio «low cost»:

  • Queren avanzar no abaratamento dos salarios do persoal novo a través de recortes na carreira profesional: crearían unha nova categoría inferior en cada un dos grupos profesionais, cun recorte salarial do 25%  sobre os salarios actuais.
  • Fixeron unha nova proposta para modificar o método de cálculo das pagas de beneficios.
  • Farán unha nova proposta para recortar a antigüidade e ampliar a mobilidade xeográfica (50  km.)

Cabe preguntarse como, ante a sobrecarga de traballo que sufrimos, e ante ese novo escenario de fusións, os sindicatos estatais non entran en fórmulas de reparto do traballo: traballar menos horas para traballar máis xente.

Nós miramos a Suecia, onde se está a experimentar a xornada de 6 horas. A patronal mira ao século XIX.

Por iso, o 13 de novembro mobilizarémonos de novo.

A vindeira reunión será o 1 de decembro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 151112 [.pdf • 167 kB]

Ningún comentario: