14 de abril de 2023

Asemblea aberta de traballadoras/es de banca en Compostela e na Coruña. Participa!

Traballadoras e os traballadores de banca decidimos mobilizarnos, queremos que veñas con nos, que estes ao noso lado.

Como todos e todas xa coñecedes estamos nun proceso de asembleas de traballadores e traballadoras para compartir convosco que facer na tesitura actual.

Os bancos son competidores, pero poñense de acordo entre eles tanto no modelo laboral/comercial, coma na intención de aproveitar a suba dos prezos para recordarnos os salarios. Por iso os traballadores e traballadoras de banca debemos unir as nosas forzas

As persoas que participamos até o de agora nas asembleas dedicimos mobilizarnos, primeiro con concentracións e logo se fixera falta cunha folga, para a que sería necesario sumar todos os esforzos.

Unha mobilización na que agardamos podamos xuntar a vontade de todas as persoas que queremos berrar alto e claro que xa basta, sen protagonismo estéril de siglas sindicais. Outra cuestión é que alguén tiña que organizalo e dar o paso, e foi a CIG.


Non me recortes máis o salario, co que traballo teñoo ben merecido
Non me subas os obxectivos de xeito crecente, ten en conta o que xa fago
Non me metas máis presión comercial, son profesional e responsábel.


Asembleas en…




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230414 [.pdf • 8'66 MB]



Ningún comentario: