Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB
Iso é o que se desprende da reunión da mesa de negociación do convenio do día 26. A patronal vén, coma sempre, coas súas pretensións de recortar dereitos e haberá quen lle entre no xogo.
Por outra banda, volveron pedir máis prórroga no acordo do rexistro de xornada, até o vindeiro 18 de decembro. Igual é que queren facernos un agasallo envelenado polas festas. Din que están moi cerca de chegar a acordo, mentres nós insistimos na nosa postura, de sobras coñecida e reiterada nas distintas reunións, de establecer un rexistro automático e non manipulable. En realidade o problema é que este tema está provocando moitos xuízos e nós xa advertimos que a Inspección de Traballo xa está actuando tamén na banca.
É hora de acabar con tanto despropósito e de que a patronal asuma que hai unha lei de obrigado cumprimento e teñen que acatala. Non imos aceptar máis dilacións innecesarias e actuaremos con arranxo ao establecido legalmente.

