28 de xaneiro de 2025

Seguimos perdendo salarios

Grazas á túa mobilización recuperamos algo de salario, pero seguimos perdendo un 9,40 % vía convenio.
No período 20102023IPC subiu un 27 % e os salarios por Convenio un 16,25 %

O certo é que no ano 2024, despois dunha folga de sector convocada pola CIG en Galiza (que non foi secundada polos sindicatos estatais) e dunha folga posterior en todo o Estado (que si foi apoiada pola CIG), ambas con amplo seguimento no noso territorio, os salarios subiron por convenio un 4,25 % e o IPC pechou nun 2,8 %, polo que a recuperación salarial para ese ano foi cativa, dun 1,45 %

Neste punto a perda total non recuperada é do 9,4 % O último informe da AEAT sobre salarios amosa unha discriminación entre Madrid e a , froito do proceso de centralización/concentración do sector financeiro.

 
  Salario medio Salario homes Salario mulleres
Madrid 63.895 78.312 50.274
Galiza 38.388 44.212 33.615
Diferenza -25.507 -34.100 -16.659

Estes datos confirman a posición que mantivo a CIG durante a negociación do vixente convenio, onde insistimos en que a fenda salarial de xénero no sector segue a ser moi elevada, en boa parte debido a que os postos de máis responsabilidade, nas distintas estruturas, seguen a estar ocupados maioritariamente por homes. E as subas pactadas en convenio, a través da Contía Anual Mínima Garantida, van incrementar esa fenda, como xa denunciamos durante a negociación.

A realidade pon de manifesto que, máis que nunca, debemos continuar defendendo o noso dereito a negociar aquí. Os distintos convenios sectoriais asinados pola CIG en Galiza recollen subas salariais por riba da media estatal. Debemos seguir pulando pola negociación dun convenio de ámbito galego.

O persoal, secundando as mobilizacións iniciadas pola CIG no sector, demos a batalla e cambiamos por primeira vez o discorrer da negociación, malia que outros, coma sempre, claudicaron á primeira de cambio, renunciando a recuperar máis salarios e avanzar en dereitos.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 250128 [.pdf • 145 kB]



Ningún comentario: