9 de maio de 2019

Negociación XXIV Convenio Colectivo

Onte, 8 de maio, tivo lugar a terceira reunión do proceso de negociación do .

O aspecto máis relevante tratado na reunión foi o cumprimento do Real Decreto Lei 8/2019 sobre o Rexistro da Xornada Laboral. Fixouse como obxectivo establecer un marco de referencia para o conxunto do sector na , con independencia de que as empresas deberán negociar no seu ámbito o sistema concreto a implantar en cada Banco.

Dende a CIG insistimos na obrigatoriedade das empresas do sector de negociar, e implantar a partir do 12 de maio, un sistema de rexistro de xornada. Criticamos a lasitude por parte do sector a hora de cumprir coa Lei, de tal xeito que recoñecen, sen pudor, o grave feito de que o 12 de maio non estará implantado en ningunha entidade un Rexistro de Xornada, a pesar de que tiveron 2 meses por diante dende a aprobación do decreto.

Enquisa: Ti Traballas, Ti Decides!

A patronal escusou este incumprimento amparándose no reducido prazo desde a publicación do decreto (¡!), pero sobre todo, na confirmación por parte do Ministerio de que haberá certa flexibilidade na aplicación da norma, sempre que exista unha negociación en marcha e esta non se dilate no tempo.

Ante esta situación de feitos consumados, dende a CIG propuxemos delimitar no tempo a negociación desta cuestión na mesa, quedando fixada a data límite do 31 de xullo de 2019 para chegar a un acordo. Non obstante, lembrámoslle a AEB que as empresas deben iniciar de forma paralela a negociación nos seus ámbitos. A CIG xa tiña solicitado a apertura destas negociacións naquelas entidades nas que temos representación, dende o mesmo momento da aprobación do decreto, recibindo a calada por resposta.

Continuaremos reclamando a apertura das mesas a nivel empresa, empregando todas as ferramentas legais e sindicais a nosa disposición.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 190509 [.pdf • 20 kB]

Ningún comentario: