Jose María Martínez de CC.OO asina o convenio. Á dereita o representante da AEB.
Cando se iniciou a negociación do Convenio advertiamos de que as empresas pretendían modificar a actual regulación sectorial para poder avanzar na implantación dun cada vez máis agresivo modelo comercial. Con este convenio, os bancos conseguiron o visto bo do sindicalismo estatal para implantar ese modelo; a propia AEB gabouse xa de que este convenio contribuirá, dende a óptica laboral, á transformación do sector. Ao mesmo tempo conseguiron o visto bo a unha nova reestruturación a través de Expedientes de Despedimentos Colectivos.
Pasamos pois a realizar unha primeira achega a un acordo no que os cadros de persoal perden e as cúpulas gañan.
A primeira parte do Convenio son enunciados declarativos e, polo tanto, sen concreción directa sobre as condicións laborais. Mención aparte merece o artigo 7, Deontoloxía da profesión. Valida e converte en obrigatorios os Códigos de Conduta que poñan en marcha de xeito unilateral os bancos.
Emprego: créase un contrato en precario con salarios máis baixos dos mínimos regulados até o de agora. Aceptar esta medida é unha cesión sindical.
Por outra parte manteñen a redacción da cláusula para os casos de Expedientes de Despedimento Colectivo. Como estamos vendo (Novobanco ou Santander) non ten ningún tipo de utilidade.
14 pagos: Hai unha nova distribución dos salarios en 14 pagos, unha medida que xa tomaron algunhas empresas do sector financeiro que recortaron salarios. Facilita que os recortes repercutan menos mes a mes, facilitando a súa implantación.
Cámbianse tamén os conceptos, pasando a falar de salario base de nivel no que se integran os conceptos do XXII Convenio: soldo, soldo da media paga por estímulo á produción, plus de calidade de traballo, asignación transitoria de nivel, bolsa de vacacións, soldo base dos cuartos de paga por participación en beneficios devengada por cada entidade a 31/12/2014 e soldo base do cuarto de paga da mellora de produtividade (que será pensionábel a partires do 01/01/2019).
As pagas extras de xuño e decembro devengaranse semestralmente (artigo 19).
O pago a conta polo exercicio 2015 non formará parte da masa salarial, aínda que tampouco se devolverá (cláusula adicional).
Suba Salarial: a suba salarial pactada nas grandes empresas durante o ano 2015 foi do 1'58%, no Convenio da Banca pactaron un «cero». Nas grandes empresas a suba de 2016 está no 1'6%, na Banca pactaron 1'25%. Mentres as cúpulas soben os seus salarios, os nosos non medrarán nin sequera en consonancia con outros sectores.
Horas extras: ante as sentenzas que obrigan a rexistralas, rebaixan a compensación por horas. Aceptar esta medida é unha cesión sindical.
Trienios técnicos: crean unha Comisión que, no prazo de 18 meses, negociará un novo baremo de aplicación (dende logo non para incrementar o seu valor).
Mobilidade: No artigo 30 eliminan criterio de «vacante». A Comisión de Servizos se computará a partir dos 25 quilómetros.
Novo sistema pagas beneficios: modifícase o criterio de cálculo en base ao
O persoal que a decembro de 2014 percibise un número superior a 10 cuartos de paga por participación de beneficios (17,25 pagas anuais, máximo 18,50), recibirá a partires de 2017 en 12 partes un complemento ad personam que terá carácter pensionábel e compensará e absorberá a participación de beneficios
Establécese a posibilidade de recibir unha percepción adicional de carácter variábel en base ao
Clasificación e carreira Profesional: desaparece o Grupo Administrativo. Hai unha redefinición de funcións, nomeadamente dende o punto de vista comercial.
Establecese un novo modelo de carreira para as funcións comerciais. Desaparecen o ascenso por capacitación. Ao tempo mantense a discrecionalidade por parte da empresa nos ascensos.
Establécese a posibilidade de redución de nivel por renuncia voluntaria a ser apoderados ou apoderadas.
Tempo de Traballo: na práctica haberá un horario xeral do sector que ningunha empresa cumprirá, a través das numerosas excepcións. Inclúen un novo punto que valida os «horarios pactados en calquera dos 4 grandes bancos», dando entrada polo tanto á flexibilidade horaria.
Igualdade e Conciliación: até o de agora os Plans de Igualdade non incluían compromisos en materia de carreira profesional ou salarios, incumprindo a lexislación. Non é un avance, simplemente cumprir a Lei e veremos como se concreta.
Hai outras cuestións que abordaremos en seguintes comunicados.
En todo caso reclamamos un referendo sectorial. Democracia sindical XA.
Documento relacionado:
XXIII Convenio Colectivo de Banca [.pdf · 230 kB] [ES]
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario